Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus chegan ao Auditorio Mar de Vigo para bailar, cear, beber… E, sobre todo, rirnos como nunca

14 Marzo 2025

Da escola da comedia nacional saíron algunhas das mentes máis afiadas, orixinais, creativas e… perigosas de España. E xa ía sendo hora de que tivesen unha festa á súa altura.

Tras vender máis de 70.000 entradas no seu primeiro ano de vida, ‘Mentes Peligrosas’ afronta o novo curso coa ilusión de repetir matrícula de honra no marco dun espectáculo completamente renovado.

Esquécete das típicas reunións de antigos alumnos: esta vez, o que nos une non é o pasado, senón a necesidade de romper con todo e celebrar o que de verdade importa… a risa!



Novo show, novos monólogos, novos gags… ‘Mentes Peligrosas’ volve para demostrar que é a mellor festa da risa posible.

Ana Morgade, Carolina Iglesias, Henar Álvarez e Lalachus chegan ao Auditorio Mar de Vigo o sábado 22 de marzo (18:00 e 21:00 horas), para bailar, cear, beber… E, sobre todo, rirnos como nunca.

Mentes brillantes, talentosas e perigosas que se reúnen unha vez máis para crear unha experiencia única.

Entradas anticipadas á venda dende 32 euros en teuticket.com

Está pasando!