Roteiro Nocturno de Samaín 2026 en Salvaterra

sáb31out19:00Roteiro Nocturno de Samaín 2026 en SalvaterraConcello de Salvaterra de Miño e Barafunda Animación19:00 Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño e Barafunda Animación organizan o Roteiro Nocturno de Samaín, unha data moi esperada entre o público que neste 2026 celebrarase o 31 de outubro e terá un novo percorrido. Será unha noite terrorífica para nenos e nenas, cunha idade recomendada a partir dos 10 anos, e adultos.

Como sempre aconséllase a todos aqueles que queiran participar que veñan caracterizados xa que esa noite Salvaterra de Miño agochará moitas sorpresas e sustos nun percorrido que comezará na Praza do Concello e rematará no mesmo lugar onde ó chegar os participantes poderán tomar un chocolate quente.

Este ano, a saída será ás 19:00 horas e farase escalonada en grupos de máximo 23 persoas organizados que deberán seguir as indicacións do percorrido para chegar ó final do roteiro.

O prazo de inscrición continúa aberto ata cubrir as prazas e realizarase a través da web www.barafunda.es. As prazas son limitadas e irán por orde de inscrición.

O único requisito para participar será que cada participante deberá traer consigo un produto de hixiene ou produto non perecedoiro para o banco de alimentos municipal.

Hora

(Sábado) 19:00

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!