Presentación de Edugal 2026 | Concello de Pontevedra

Edugal regresa con tres xornadas para descubrir oportunidades, explorar vocaciones e conectar o mundo educativo coa realidade empresarial

16 Outubro 2026

  • A edil de Promoción Económica, Anabel Gulías, salienta que Edugal é unha “xanela de oportunidades” para un estudantado que “é o presente, non só o futuro”
  • O salón reforza a unión entre o ámbito educativo e o empresarial cunha nova ferramenta dixital para conectar emprendedores e a FANPA provincial

O Recinto Feiral de Pontevedra acollerá os vindeiros 21, 22 e 23 de outubro a 15ª edición do Salón da Educación e da Formación de Galicia, Edugal 2026. O evento consolídase como unha data de referencia na cidade pola cantidade de centros escolares que se achegan cada ano a visitalo.

Durante a presentación da feira, a edil de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, destacou que Edugal pretende ser unha “xanela de oportunidades” para que o estudantado que está a piques de rematar a súa formación básica ou obrigatoria poida avaliar as súas opcións de futuro laboral.

Gulías fixo fincapé en que os mozos e mozas desta franxa de idade “non é que sexan o futuro, senón que son o presente”, polo que considerou unha “obriga e unha responsabilidade” poñer a funcionar iniciativas municipais en colaboración con entidades como AEMPE.

Presentación de Edugal 2026 | Concello de Pontevedra

Pola súa banda, o presidente de AEMPE, José María Corujo, sinalou a importancia de propiciar que o talento do mañá poida ter puntos de referencia sólidos para escoller ben nun contorno laboral cambiante.

A directora de Edugal, Judit Meiriño, explicou na súa intervención que a grande prioridade do salón é unir o tecido educativo co tecido empresarial para axudar a resolver as dificultades das empresas na busca de talento especializado.

A feira contará coa participación da Universidade, novidades no ámbito da tecnoloxía e a robótica, obradoiros arredor do cultivo ecolóxico e os traballos da terra, e a colaboración do sector emprendedor da man do creador da Pont-Up Store, Pedro Figueiroa.

Figueiroa detallou o desenvolvemento dunha nova ferramenta dixital deseñada para poñer en contacto directo as empresas e emprendedores do ámbito formativo e cultural coa Federación de AMPAS (FANPA) da provincia de Pontevedra.

Está pasando!