'Containers'

lun08nov(nov 8)11:00dom27feb(feb 27)11:00'Containers'Exposición de Manuel Quintana Martelo(novembro 8) 11:00 - (febreiro 27) 11:00 MARCO - Vigo

Detalles do Evento

Esta exposición reúne por vez primeira a serie Containers, practicamente inédita, na que Manuel Quintana Martelo (Roxos, Santiago de Compostela, 1946) leva traballando sen interrupción dende 2012.

Durante os últimos sete anos, Quintana Martelo centrouse nunha serie de cadros nos que o motivo, o punto de partida, a escusa, son os contedores que atopa nas cidades que visita. Todos teñen un trazo común que consegue chamar a atención: inicialmente, unha presenza escultórica definida, unha composición atractiva e un impacto visual. A serie está baseada nun conxunto de contedores, tratados como presenzas escultóricas, pero tamén como bodegóns urbanos.

Xunto aos cadros da serie, que se exhiben en diferentes formatos, a mostra inclúe bosquexos preparatorios, debuxos e acuarelas de grande escala, de forma que a montaxe no seu conxunto permite coñecer en detalle o modo de traballar do artista, e a súa resposta ante distintos soportes.

Esta mostra, producida polo MARCO, supón a primeira exposición individual de Quintana Martelo en Vigo dende 2003, e unha vez finalizada viaxará á Sala Rekalde (Bilbao, Deputación Foral de Bizkaia), onde se exhibirá a partir do mes de marzo de 2022, como resultado dunha frutífera colaboración entre ambas as dúas institucións.

Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas, domingos, de 11.00 a 14.30 horas.

Hora

Novembro 8 (Luns) 11:00 - Febreiro 27 (Domingo) 11:00

Localización

MARCO

Rúa Príncipe, 54 36202 Vigo

Está pasando!