This is a repeating event

5ª Feira do Libro de Soutomaior

dom26abrConsultar5ª Feira do Libro de Soutomaior25 e 26 de abril de 2026(Consultar: domingo) Concello de Soutomaior - Soutomaior

Detalles do Evento

A celebración da 5ª edición da Feira do Libro en Soutomaior comezará en Arcade o propio Día do Libro, o 23 de abril, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal Luís Seoane co espectáculo de narración oral ‘Non sei se foi verdade ou se o lin nun libro’ de Ángeles Goás. Unha cita destinada a público adulto.

O día 25 de abril o día comezará ben cedo, ás 10:30 horas, coa animación de rúa ‘Máis Ritmo’ a cargo de Trío Detrés unha cita que percorrerá as rúas da vila dende o Cruce de Pierres ata o Multiúsos. Unha vez chegados ao Multiúsos para esta Feira do Libro teremos un sinfín de actividades dende as 11:30 ata as 20:15 horas.

Para isto, o Multiúsos contará coa presenza dos diferentes espazos desta feira, de tal xeito contará co: Espazo Editorial, do que formarán parte as once editoriais que aterrarán nesta Feira do Libro (Antela Editorial, Edimaes Editorial, Boadicea Editora, Cuarto de Inverno, Belagua Ediciones, Galaxia, Editorial Elvira, Através Editora, Hércules Ediciones, Cooperativa Gráfica Sacauntos e Aira).

Tamén estará o Espazo Lector con charlas, coloquios, presentacións de libros; o Espazo Enreda con xogos e actividades de dinamización da Feira; o Espazo Escenario onde terán lugar os espectáculos; o Espazo Artístico onde botar a voar a creatividade, diversidade, pluralidade, responsabilidade, receptividade e compromiso para visibilizar o diferente; o Espazo Bebeteca destinado a crianzas de 0 a 3 anos e o Espazo Petit Furgo onde gozar e divertirse co mundo da lectura. Todo amparado polo programa municipal ‘Soutomaior Inclusivo’.

Unha feira pola que terán lugar a presentación do libro ‘Netchu. O neno momia’ de Baltar Morgade Lores, o obradoiro ‘Poemarios de peto’ de Donde Viven los cuentos, a presentación do libro en galego ‘Gorrións e Falcóns’ de Carmen Blanco Sanjurjo, a presentación do libro ‘Bego e o mundo do revés’ de Iria Collazo e espectáculo con Vero Rilo e Luís Iglesias, o contacontos infantil ‘Lola Feroz’ con Juan Baquero, a presentación do libro ‘Tras os pasos de Castelao na Bretaña’ ou o espectáculo ‘Alicia!’ de Teatro Pedras de Cartón.

Todo na compaña de moitas actividades ao longo de toda a xornada tales como o ‘Pasaporte lector’, `Cita a cegas cun libro na Petit Fugo´ (para público infantil, xuvenil e adulto) ou o espazo artístico con ilustracións de postais lectoras.

Xa na xornada do domingo 26 de abril terá lugar unha actividade moi especial na Adega Noelia Bebelia, ‘Fontes das que beber’, unha cita onde entre as viñas, cun ambiente aberto e luminoso as e os asistentes terán a oportunidade de visitar o espazo da adega, participar nun obradoiro de banda deseñada e humor gráfico con Kiko Dasilva e tamén coñecer a riqueza que albergar a cultura do viño coa vista cunha degustación de viño e petiscos con Noelia Bebelia. Para esta actividade, tamén de balde, é preciso inscribirse en soutomaior.gal/actividades (Xa non hai prazas dispoñibles, aberta lista de agarda).

Dende o Concello convidan a todo o mundo a que veñan a desfrutar e a gozar da Feira do Libro de Soutomaior, e animan a que todo o que se suba ás redes sociais deste evento se faga baixo o hashtag #FeiraDoLibroDeSoutomaior.

Hora

Consultar (Domingo)

Localización

Concello de Soutomaior

Soutomaior

Está pasando!