Luar La L | Festa do Albariño

A música urbana volverá a Fefiñáns coas actuacións de Roa, Luar La L e La Pantera

23 Abril 2026

Festa do Albariño suma á súa programación un evento dedicado á música urbana que terá lugar o 31 de xullo na Praza de Fefiñáns, coas actuacións de Roa, Luar La L e La Pantera.

O cartel reúne a tres artistas en momentos moi diferentes das súas traxectorias, pero cunha capacidade común para conectar con novas audiencias e converter cada lanzamento nun fenómeno inmediato.

Ademais, o seu concerto en Cambados será a única oportunidad de velos en Galicia.

Entradas á venda a partir do 24 de abril (16:30 horas) en entradas.com

Roa (Gilberto Figueroa) é un cantante portorriqueño que lanzou a súa carreira musical en 2022 con sinxelos como ‘Bellakeame’ e ‘JETSKI’. O seu estilo musical fusiona ritmos urbanos como o trap e o reguetón con arranxos melódicos de R&B.

En en febreiro de 2026 foi nomeado “Artista Latino en Ascenso” pola revista Billboard.

Luar La L (Raúl Armando do Valle Robles) é un rapeiro e compositor portorriqueño que se consolidou como unha das figuras máis salientables de trap latino, o drill e o reguetón. Comezou a súa carreira na redes sociais con batallas de freestyle.

En 2020 lanzou o seu primeiro EP, ‘L3tra’, que incluíu éxitos como ‘Caile’. O seu recoñecemento internacional disparouse en 2021 tras colaborar con Bad Bunny no tema ‘100 Millones’.

La Pantera (Sergio Aimar Castellano Almeida) é un dos máximos expoñentes da música urbana en Canarias. Despois de gañarse un nome nas batallas de freestyle, debutou oficialmente en 2020 con sinxelos como ‘Ando fino’ ‘Flow Cardi’.

O punto de inflexión na súa carreira chegou en 2021 coa colaboración con Quevedo e Juseph no tema ‘Cayó la noche’. Desde entón, consolidou o seu estilo, unha mestura de trap, reggaetón e hip hop cos que lanzou varios temas que superaron os 3,9 millóns de reproducións en Spotify.

Está pasando!