O Malabar Pénjamo de Nigrán presenta o ciclo musical ‘Tardes na Solaina’

22 Abril 2026

O bar Malabar Pénjamo, ubicado na Praia de Patos, presenta a programación do ciclo musical ‘Tardes na Solaina’, unha nova proposta cultural para o verán do Val Miñor que contará con actuacións destacadas como as de Dakidarría e Arizona Baby.

Máis de quince concertos celebraranse todos os domingos de verán en horario de tarde, desde o 14 de xuño —data na que actuará a banda madrileña The Limboos— ata o 29 de agosto, coincidindo co festival Splash!.

‘Tardes na Solaina’ tamén acollerá a festa de presentación do festival Nigrán Blues, cunha jam especial a cargo dos músicos participantes neste evento, así como a festa de clausura do festival Solpor Monteferro.

A programación do ciclo ‘Tardes na Solaina’ é a seguinte:

XUÑO

  • Domingo 14. The Limboos (Madrid)
  • Domingo 21. White Coven (Zaragoza)
  • Domingo 28. Family Folks (Galicia)

XULLO

  • Domingo 5. The Stems (Australia)
  • Domingo 12. Óscar Avendaño & Reposado (Galicia)
  • Data por confirmar. Jam Festival Nigran Jazz
  • Domingo 19. Sesión vermú. Artista aínda por desvelar
  • Domingo 26. Mesteño (Galicia)

AGOSTO

  • Domingo 9. Dorrey Lyles & Marcos Coll Band (USA)
  • Venres 14. Concerto e Jam. Presentación Festival Nigran Blues
  • Domingo 16. Arizona Baby (Valladolid)
  • Xoves 20. Dakidarría. Concerto acústico benéfico (Galicia)
  • Domingo 23. Tangomango (Galicia)
  • Sábado 29. Festival Splash! Los Deltonos (Cantabria) e Cows Caos (Lisboa)
Está pasando!