decembro, 2021

Detalles do Evento

A programación ‘A maxia de Nadal está no Castelo’, organizada pola Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior, tamén inclúe visitas teatralizadas ao recinto histórico baixo o título ‘A luz do Nadal’ e a cargo de Troula.

Estas visitas, protagonizadas por unha raíña, a de corazóns, e dous bufóns da súa corte, oferta un total de 225 prazas distribuídas entre os días 7 e 8 de decembro (ás 11:00 e 17:00 horas), 10, 23 e 30 de decembro (ás 17:00 horas) e 19 e 26 de decembro (ás 12:00 horas).

Para participar nestas visitas teatralizadas hai que reservar praza en castelodesoutomaior@depo.es

Amais, este Nadal tamén abrirá por vez primeira as súas portas o ‘Muíño das Afreitas’. Despois da recente restauración da maquinaria xa está en funcionamento para que as nenas e nenos poidan ver a última moenda para facer os doces típicos do Nadal.  Tamén, ao igual que o pasado ano, haberá unha ‘caixa de correo de soños’, no Patio de Armas, na que tanto nenas e nenos como maiores poderán deixar os seus soños e desexos.


Hora

(Mércores) 11:00

Localización

Castelo de Soutomaior

Rúa do Rial, s/n, 36691, Soutomaior

Está pasando!