Barón Rojo e Obús en Vigo

sáb22abr21:00Barón Rojo e Obús en Vigodous pioneiros do heavy en España21:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Barón Rojo despego no ano 81 con ‘Larga vida al rock and roll’, o é xito inmediato dese á lbum ao que seguiron o multiplatino ‘Volumen Brutal’ e ‘Metalmorfosis‘ os encumbraron ao olimpo do rock con audiencias xigantescas e vendas de discos millonarias.

A finais dos 80 houbo un cambio grande na banda tras a marcha de Sherpa e Hermes, baixista e batería de Baron Rojo, os irmáns Carlos e Armando de Castro fixéronse cargo de levar por un camiño de espiñas nos primeiros 90 ata case finais á banda sen desfallecer e, aínda que con menos asiduidade, seguí an sacando discos como ‘Arma secreta’ que pasaron un pouco desapercibidos, eran malos tempos para o rock.

Os directos seguiron grazas a un publico fiel que os seguía reclamando e que non lles deixo sós nunca. Nos últimos 10 anos produciuse un repunte moi significativo para Barón Rojo que volveu a tocar en lugares grandes e con afluencia de público masiva. Houbo unha reunión dos integrantes orixinais da banda durante algunhas actuacións pero as antigas rifas non lles deixaron seguir o proxecto e novas xeracións interesáronse na música da banda mais grande de rock que dese este país. Actualmente están inmersos nunha xira de despedida por toda España.

Obús formáronse no barrio de Vallecas en 1980. En 1981, tras gañar o Villa de Madrid, gravan o seu primeiro disco ‘Prepárate’ que os catapultou enseguida como unha banda de referencia para todos os heavys do país. Con este disco chegaron ao numero 1 de vendas e a súa imáxene dura de chatolas e coiro negro fixéronlles galantes dunha forma de sentir e entender o rock.

Discos como ‘Poderoso como el trueno’ e sobre todo o enorme ‘El que más’ encumbraronos xunto con Barón Rojo no mais alto do rock nacional.

Entradas anticipadas á venda desde 27,50 euros en teuticket.com

Hora

(Sábado) 21:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!