'Burbujas' de CantaJuego en Vigo

dom14abr12:00'Burbujas' de CantaJuego en VigoCancións cheas de movemento e enerxía para cantar e bailar12:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

O domingo 14 de abril, CantaJuego presenta no Auditorio Mar de Vigo o seu novo espectáculo ‘Burbujas’, con cancións novas e creativas, entre as que se atopa o que dá nome a este espectáculo.

Cancións cheas de movemento e enerxía para cantar e bailar, que compartirán lugar cos favoritos de sempre.

Coa axuda dos teus amigos CantaJuego, dos inevitables Coco, Pepe e Buby e do noso novo amigo, o Paxariño, todo está preparado para un encontro inesquecible.

A risa, o humor e o cariño serán os protagonistas desta xornada, para xogar con cada burbulla de cores, ao ritmo de cada canción.

Agardámosvos para compartir este espectáculo e pasar un rato moi especial e divertido, ao puro ritmo dos grandes éxitos de CantaJuego.

Dúas funcións, ás 12:30 e ás 17:00 horas.

Entradas anticipadas á venda dende 15,75 euros en Ataquilla.com


Hora

(Domingo) 12:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!