'Carmina Burana' en Vigo

dom22xan19:00'Carmina Burana' en Vigo9ª sinfonía, Beethoven19:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Carmina BuranaA, Orff. 9ª sinfonía, Beethoven

Gran Orquesta Sinfónica e Coro

Imprescindible para os amantes da vida, da arte e da sátira.

‘Carmina Burana’ estreouse en Frankfurt en 1937. Oitenta anos despois segue soando en salas de concertos de todo o mundo. A obra máis famosa de Carl Orff celebra o hedonismo, os praceres, a alegría de vivir… pero tamén mostra unha crítica mordaz á sociedade.

Baseado nalgúns dos poemas medievais, revela os conceptos tradicionais de vida e morte na Idade Media.

Acompañada da novena sinfonía de Beethoven co seu inmortal Himno da alegría, esta poderosa cantata converteuse nun dos favoritos do público e nunha das obras musicais clásicas máis interpretadas por orquestras internacionais.

Entradas anticipadas desde 28,60 euros á venda en teuticket.com


Hora

(Domingo) 19:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!