Concerto de Guadi Galego en Pontevedra

sáb13abr20:00Concerto de Guadi Galego en PontevedraCiclo musical 'Resoan'20:00 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Guadi Galego con ‘Síntese horizonte’ pechara o ciclo ‘Resoan’ o 13 de abril ás 20:00 horas no Teatro Principal. Un espectáculo que só levará ás taboas de 3 escenarios galegos exclusivamente.

Logo da ‘Roibén’ (2022) e dunha simbólica ausencia nos escenarios do país, Guadi Galego segue a atravesar etapas e dá paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida existiu e persiste nela. Se o pasado mes de setembro presentaba ‘O.D.A’, toda unha declaración de intencións sobre o concepto da madurez e a aceptación da vida, de cara ao inicio do 2024 regresa con ‘Síntese Horizonte’, unha aposta da propia Guadi Galego pola evolución do seu son, pois con cada disco, e con cada espectáculo, foi aprendendo a desaprender do establecido.



En ‘Síntese Horizonte’, Guadi Galego reivindica a firme crenza do poder transformador da música ao vivo. Por iso, para estes tres primeiros exclusivos directos, a artista acompañarase dunha portentosa banda conformada por grandes artistas do país, reunida especialmente para a ocasión. É o caso de Guillerme Fernández (guitarra acústica eléctrica e sintetizada), Rubén Iglesias (baixo e sintetizadores), Isaac Palacín (batería e percursión), Álex Fernández (teclados) e dun coro conformado por Paula Romero, Faia Díaz, Inés Salvado e Rocío Giménez.

A produción de ‘Síntese Horizonte’ destaca, tamén, tanto pola súa coidada iluminación (baixo a dirección e o deseño de Laura Iturralde e José Faro, de NONONON.LAB) como pola súa posta en escena (de Marina Oural e Ugía Pedreira -Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento), froito do traballo en común que as artistas desenvolven, desde hai meses, con Guadi Galego baixo a premisa de ofrecer ao público unha experiencia musical única e transformadora.

Entradas anticipadas á venda dende 13 euros en Ataquilla.com


Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!