Congreso ‘As mulleres que opinan son perigosas’ en Pontevedra

ven15mar(mar 15)12:00sáb16mar(mar 16)12:00Congreso ‘As mulleres que opinan son perigosas’ en PontevedraVII Encontro de Mulleres Xornalistas12:00 - 12:00 (16) Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Este 15 e 16 de marzo de 2024 volve o congreso ‘As mulleres que opinan son perigosas’ ao Teatro Principal de Pontevedra. Cita de carácter único no Estado e referente na súa materia, o evento organizado polas xornalistas Susana Pedreira Buján e Diana López Varela acada a súa sétima edición traendo, de novo, a algunhas das voces máis importantes dentro da opinión xornalística.

Concello e Deputación de Pontevedra apoian este VII Encontro de Mulleres Xornalistas que se celebrará na Boa Vila, achegando o pensamento e o talento de mulleres como Olga Viza, Lucía Méndez, Mariola Cubells, Lula Gómez, Claudia Morán, Carolina Sertal ou Noor Ammar.

Chegamos á sétima edición sendo un evento xa consolidado e coa responsabilidade de ser fieis aos sinais de identidade deste foro: seguir pendentes da actualidade, con temáticas novas que non estiveron presentes nas edicións anteriores, mesturar rostros moi coñecidos con outros nomes que permitan descubrirlle ao público mulleres profesionais que fan un gran traballo e moi especializado nos medios, darlle protagonismo ás profesionais locais e galegas, e prestarlles atención ás comunicadoras que fan opinión a través de novos formatos que conectan coas novas xeracións (activistas e creadoras de contido en Instagram, Twich, TikTok, podcasts ou Youtube). A nosa teima é rodearnos de referentes da profesión para amosar e reivindicar o camiño andado por elas, sen esquecernos de que hai futuro, porque hai canteira.

Setenta e cinco profesionais do xornalismo e da comunicación estiveron en Pontevedra desde 2018 e forman parte da rede ‘As Mulleres que Opinan Son Perigosas’, unha marca de referencia, compromiso e calidade no xornalismo de opinión. Ademais, este encontro é agora moito máis do que se propoñía na primeira edición, porque nestes anos amosamos que tamén son perigosas as mulleres que informan, as que presentan, as que dirixen medios e deciden a axenda, as que entrevistan, as que son correspondentes internacionais, as que ilustran e as que crean contido para redes. Son perigosas as mulleres que descobren outras mulleres, as que tecen redes e fan do xornalismo unha resistencia feminista.

Nesta sétima edición escoitaremos catorce profesionais de diferentes perfís para seguir amosando que aínda temos moito que contar, que estamos aquí, que non hai marcha atrás e que‘ As Mulleres que Opinan Son Perigosas’ é o punto de encontro necesario para visibilizar e reivindicar o espazo que as mulleres merecen no xornalismo e nos ámbitos de poder e de opinión.

Se ben a entrada é de balde, si é precisa unha inscrición previa a través da páxina oficial do evento, co fin de controlar o número de prazas e non superar a capacidade total das mesmas.



PROGRAMA COMPLETO

Venres 15 de marzo

  • 12:00 h Inauguración. Diana López e Susana Pedreira co Concello e coa Deputación.
  • 12:30 h Gañadoras do I Premio Opinión #MulleresQueOpinan: Carolina Sertal e Carmen G. Magdaleno.
  • 13:15 h “Entender e desmontar o machismo: ‘eres una caca”. Lula Gómez, guionista, podcaster e realizadora audiovisual.
  • 14:00 h Pausa para xantar.
  • 17:00 h “A beleza e a opinión nunca deben morrer”. Mercedes Corbillón, de Diario de Pontevedra e La Voz de Galicia.
  • 17:45 h “Desde a comedia e con retranca tamén se opina”. Jazmín Abuín, xornalista, cómica e actriz.
  • 18:30 h Pausa para o café.
  • 18:45 h “Maternidades precarias: entre o privilexio e a incerteza”. Diana Oliver, xornalista especializada en maternidade, infancia e saúde.
  • 19:30 h “Tres décadas observando e relatando o poder”. Lucía Méndez, de El Mundo.

Sábado 16 de marzo

  • 12:00 h “Ética xornalística no tratamento da violencia machista”. Ana G. Liste, de praza.gal
  • 12:45 h “Entrando en Materia: ciencia, tecnoloxía e saúde con perspectiva de xénero”. Patricia Fernández de Lis, redactora xefa en El País e directora de Materia.
  • 13:30 h “De iso SI se fala: mulleres rompendo silencios persoais e colectivos”. Isabel Cadenas Cañón, xornalista, escritora e documentalista sonora.
  • 14:15 h Pausa para xantar.
  • 17:00 h “Vivir aquí: opinar desde o propio”. Cláudia Morán, de Nós Diario.
  • 17:45 h “Repensar o feminismo: apartheid de xénero e construción do relato”. Noor Ammar Lamarty, activista xurídica e podcaster.
  • 18:30 h Pausa para o café.
  • 18:45 h “Mellor que nunca: a revolución das mulleres +60”. Mariola Cubells, de La Ventana da Cadena SER e Huffington Post.
  • 19:30 h “Referente e pioneira: a información deportiva leva o seu nome”. Olga Viza, xornalista e presentadora de televisión.

Hora

15 (Venres) 12:00 - 16 (Sábado) 12:00

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!