'Conversando sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao' en Pontevedra

lun16novConsultar'Conversando sobre deseño de vestiario con Clara Bilbao' en PontevedraActividades previas dos Feroz 2027(Consultar: luns) Cidade de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

Por terceiro ano, os Premios Feroz e o Concello de Pontevedra programaron en novembro actividades con marcado carácter feminista, dado que o 25 é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha xornada para denunciar o maltrato e as agresións que se exercen sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas e accións para a súa erradicación.

O luns 16 de novembro visitará Pontevedra Clara Bilbao, gañadora de tres Goyas e cunha traxectoria de máis de 30 anos contando historias e levantando personaxes desde o deseño de vestiario.

Impartirá unha clase maxistral sobre o oficio de figurinista programada coa colaboración de Debut, a pasarela do máster en Dirección Creativa e Deseño en Moda que se imparte en Pontevedra (Universidade de Vigo). Moderará Lola Dopico, coordinadora de dito máster.

Entrada libre ata completar capacidade. A hora e o lugar anunciaranse proximamente.

Clara Bilbao é deseñadora de vestiario de cine e series, gañadora do Goya ao Mellor deseño de vestiario por ‘La sombra de la ley’, ‘Nadie quiere la noche’ e ‘Blackthorn: Sin destino’.

En 2024 dirixiu a longametraxe ‘Tratamos demasiado bien a las mujeres’, protagonizada por Carmen Machi, Antonio de la Torre, Julián Villagrán e Luis Tosar.

Formouse no Centro Superior de Deseño de Moda da Universidade Politécnica de Madrid, onde se especializou en Deseño de vestiario escénico.

Empezou a traballar no audiovisual a mediados dos ‘90 e as súas primeiras películas á fronte do departamento de vestiario foron ‘Quince’, ‘La distancia’ e ‘Planes para mañana’. En canto ás series, foi figurinista de ‘La zona’, ‘Patria’, ‘Los favoritos de Midas’ e ‘La Fortuna’.

Hora

Consultar (Luns)

Localización

Cidade de Pontevedra

Está pasando!