Cursos contra a violencia

xov19maiConsultarmar31maiCursos contra a violenciaConcello de Salvaterra de Miño(Consultar) Concello de Salvaterra de Miño - Salvaterra de Miño

Detalles do Evento

O Concello de Salvaterra de Miño presenta unha nova iniciativa que se enmarca no Pacto de Estado contra a violencia de Xénero a través do Ministerio de Igualdade, loita (como ben reza o cartel) á que debemos sumarnos tod@s e que ten como obxectivo previr, concienciar, sensibilizar á poboación e promocionar a Igualdade.

A iniciativa consta de tres accións diferentes, “Defensa Persoal”, “Que quero ser laboralmente” e “Xestión das emocións” e para participar será necesario facer inscrición previa e o prazo comeza o xoves 19 de maio.

Estas accións son unha continuación da liña de traballo que vén seguindo este Concello a través doutras campañas e accións de sensibilización e difusión para loitar contra a violencia de xénero, como o concurso de slogans e campañas de prevención que levan moitas edicións xa e que este ano enmarcamos asimesmo xunto co Pacto de Estado.

Consideramos necesario facer fincapé na importancia de seguir traballando por unha sociedade máis xusta e igualitaria, un reto no que debemos estar unidos todas as administracións e a poboación en xeral, sendo entre outros, a finalidade destas accións”.

Para máis información e inscricións no teléfono 697 911 050, ou no correo electrónico ssociais@concellodesalvaterra.org

Hora

maio 19 (Xoves) - 31 (Martes)

Localización

Concello de Salvaterra de Miño

Está pasando!