‘Da Boa Vila a La Habana’ | © Os de Algures

‘Da Boa Vila a La Habana’, de Os de Algures

dom24nov20:30‘Da Boa Vila a La Habana’, de Os de Algures“a expresión cantada da nación histórica”20:30 Teatro Principal de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

‘Da Boa Vila a La Habana’, o último espectáculo de Os de Algures, terá lugar este domingo 24 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra.

Ata 88 músicos, coristas, bailaríns, actores, figurantes e técnicos participan neste proxecto que une a música coa lírica, coa danza e co teatro, e que Os de Algures describen como “a expresión cantada da nación histórica”.

Neste espectáculo homenaxean á figura dos homes e das mulleres que fixeron a súa vida na emigración e que deixaron pegada nas artes escénicas, musicais e líricas.


‘Da Boa Vila a La Habana’ | © Os de Algures

Un recoñecemento a Pondal e a Pascual Veiga, a Curros Enríquez e a José Castro “Chané” e lembrar tamén a Xosé Fontenla Leal como promotores e creadores do Himno galego.

Un espactáculo para lembrar, deseñado especialmente para aqueles que superen os 60 anos e que serán coñecedores de todos os temas musicais do repertorio. É dicir, todos os ‘maiores’ de Pontevedra.

O acceso será libre ata completar cabida.


Hora

(Domingo) 20:30

Localización

Teatro Principal de Pontevedra

Rúa Paio Gómez Charino, 6, 36002 Pontevedra

Está pasando!