Proxección de 'As liñas descontinuas' en O Campo Lameiro

ven27nov18:00Proxección de 'As liñas descontinuas' en O Campo LameiroCiclo Mestre Mateo18:00 Centro Sociocultural Sobrino Buhígas - O Campo Lameiro

Detalles do Evento

O Campo Lameiro acolle este venres 27 de novembro unha cita co mellor do audiovisual galego da man do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O Centro Sociocultural Sobrino Buhigas da vila proxectará a partir das 18:00 horas a película ‘As liñas descontinuas’.

Escrita e dirixida por Anxos Fazáns e protagonizada por Mara Sánchez e Adam Prieto, ‘As liñas descontinuas’, narra a historia de Bea, unha muller de 50 anos en proceso de divorcio, e a Denís, un rapaz trans de 28 anos que loita contra a precariedade laboral. Un suceso inesperado lévaos a coñecerse e este encontro transformará para sempre a súa realidade.

Hora

(Venres) 18:00

Localización

Centro Sociocultural Sobrino Buhígas

C/ Bernardo Sagasta, 37 A Lagoa - 36110 O Campo Lameiro

Está pasando!