Cimafunk no Mar de Vigo

ven26ago21:00Cimafunk no Mar de VigoCiclo Xacobeo Vigo21:00 Auditorio Mar de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

No ano 2018 converteuse nun nome familiar en Cuba co seu hit ‘Me voy’ que o levou a ser nomeado ‘Artista do ano’ por Vistar Magazine e a obter un premio Lucas ao ‘Vídeo máis popular’.

‘Me voy’ e outros temas como ‘Paciente’, formaron parte do seu álbum debut ‘Terapia’, xeraron frenesí creando un movemento na Habana e na Isla, enchendo salas de concertos con miles de persoas apaixonadas bailando ao ritmo do funk afro-cubano, replicando estilo e descricións inspirados nas súas raíces africanas e nos showmen negros do século 20.

Nomeado por Billboard como un dos ‘Top 10 Artistas Latinos a seguir’, Cimafunk presentouse no Festival South by Southwest (2019) e desde entón realizou xiras por Estados Unidos e Europa. Fito Páez referiuse a el como “o futuro” e Rolling Stone describiu a súa música como unha “combinación eléctrica de funk e soul, sobre unha clave de cinco ritmos ou como o latexado da música cubana, traída a Cuba polos escravos de África do Oeste.”

O nome Cimafunk fai alusión ás súas raíces de cimarrón. Os cimarrones eran cubanos de ascendencia africana que resistiron e escaparon da escravitude. Representa tamén a esencia da súa música que busca subverter sons convencionais ao innovar con ritmos, creado algo único e especial, non só en termos de música, tamén con respecto aos valores que o definen, ao mesturar o mellor dos ritmos e tradicións cubanas con sons e estilos africanos e estadounidenses.

Xusto antes da pandemia, Cimafunk e a súa banda recibiron eloxios abafadores por unha actuación conmovedora na serie de concertos Tiny Desk de NPR. – que NPR elixiu recentemente como un dos mellores TDC de 2020.

Ao principio de 2021 lanzouse un EP de 5 temas co título ‘Cun Cun Prá’, que tamén daba nome ao sinxelo principal .e que se converteu nunha sensación da noite para a mañá nas redes sociais con miles de persoas en todo o mundo participando no reto ‘CunCunPráChallenge’. Ata Oprah Winfrey uniuse ao compartir nas súas redes o vídeo gañador onde tres xeracións de mulleres cubanas: avoa, mamá e filla, movéronse ao ritmo da melodía.

Este EP contiña a contaxiosa canción de festa ‘Cun Cun Prá’, un motor pop funky e axitador ‘La Papa’, coa sensación cubana Diana Fuentes, un sensual remix de R& B de ‘Parar el Tiempo’, coa prometedora cantante mexicana Salma, ‘El Potaje’, unha melodía de paso do facho, onde Cimafunk únese ás lendas viventes Omara Portuondo, Chucho Valdés, Pancho Amat e a Orquestra Aragón para sacar a relucir o pasado, presente e futuro da música cubana e o tema ‘Quente’, unha explosión de metais entre New Orleans e A Habana; con Tarriona ‘Tank’ Ball de Tank and the Bangas e The Soul Rebels.

Baixo o título ‘El Alimento’, o esperado segundo álbum de Cimafunk converteuse xa nun dos álbums máis creativos, edificantes e destacados do ano.

Entradas anticipadas á venda desde 19,80 euros en teuticket.com



Ciclo Xacobeo Vigo

Ciclo Xacobeo Vigo traerá á cidade entre os meses de xullo e setembro, a seis artistas e bandas internacionais de máximo nivel que situarán a este recinto no selectivo mapa das xiras internacionais.

As seis actuacións que pasarán polo Mar de Vigo son a banda neozelandesa Fat Freddy’s Drop o 6 de xullo, que estarán por vez primeira en Galicia, o americano e lenda do rock Steve Vai o 17 de xullo, a música sofisticada do bretón Yann Tiersen o 22 de xullo, a mítica banda escocesa Texas o 9 de agosto, a nova revelación internacional cubana Cimafunk 26 de agosto e as espectaculares percusións dos israelíes Mayumaná, que pecharán o ciclo o 18 de setembro.


Hora

(Venres) 21:00

Localización

Auditorio Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59 36202 Vigo

Está pasando!