Dorian + Artista convidado en Cambados

sáb06ago22:30Dorian + Artista convidado en CambadosLXX Festa do Albariño22:30 Praza de Fefiñáns - Cambados

Detalles do Evento

Dorian combina habilmente a tradición pop co rock e as novas producións e sons da música electrónica contemporánea.

Esta mestura pouco habitual fíxoos destacar na escena española e gañarse a atención e o respecto do público e da prensa especializada, ademais de convocar grandes audiencias nos principais festivais e salas de España e México, país onde a banda iniciou unha sólida e prometedora carreira, á vez que se encontra en pleno proceso de expansión noutros países do continente americano.

A banda creouse no 2003 por Marc Gili, Isabel Hernández e Bart Sanz en Barcelona, cidade que naqueles momentos vivía con intensidade a consagración da cultura de clubs e de festivais como Sonar, BAM ou Primavera Sound.

Dende entón Dorian ten actuado en practicamente todos os festivais do Estado español e en numerosos festivais doutros países, como é caso de SXSW en USA, Paredes de Coura en Portugal, Canadian Music, etc.

Prezo: desde 5 euros. Entradas á venda en Ataquilla.com

 

Hora

(Sábado) 22:30

Localización

Praza de Fefiñáns

Fefiñáns, 36630 Cambados

Está pasando!