'El lago de los cisnes' en Vilagarcía

xov26nov20:00'El lago de los cisnes' en Vilagarcía International Ballet Company20:00 Auditorio Municipal de Vilagarcía - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A International Ballet Company, unha recoñecida compañía formada por solistas de Moldavia, Ucraína e Italia, entre outros países, convídate a gozar dunha das obras máis emblemáticas do repertorio do ballet clásico: ‘El lago de los cisnes’.

O conto, maxistralmente musicado por Tchaikovsky e interpretado a través de delicadas coreografías, narra a historia do príncipe Sigfrido, namorado da fermosa princesa Odette, á que un malvado bruxo enfeitiza converténdoa en cisne. Malia forza do amor que senten os mozos liberaraos de todo maleficio.

É un espectáculo apto para todos os públicos e de 150 minutos de duración, descanso incluído.

A entrada xeral para asistir ao espectáculo custa 35 euros. O prezo para as persoas desempregadas e maiores de 65 anos redúcese a 29 euros.

Os billetes están á venda en Ataquilla.com (máis gastos de xestión) e, de non esgotarse antes, o mesmo día da función a partir das 18.00 horas no Auditorio.

Oferta para escolas de danza, música e teatro.

As escolas de danza música e teatro disporán dunha oferta exclusiva con entradas a 25 euros para os seus membros. A compañía mandaralles un correo electrónico no que se lles proporcionará un código para acceder á web e comprar os billetes.

Hora

(Xoves) 20:00

Localización

Auditorio Municipal de Vilagarcía

Av. da Mariña, s/n, 36600 Vilagarcía de Arousa

Está pasando!