‘O que non se ve’ | Et Suseia Danza

'O que non se ve' de Et Suseia Danza en Marín

sáb07nov20:00'O que non se ve' de Et Suseia Danza en MarínRede Galega de Teatros e Auditorios 20:00 Auditorio de Marín - 36900 Marín

Detalles do Evento

O sábado 7 de novembro, ás 20.00 horas no Auditoiro de Marín, a compañía galega Et Suseia Danza presentará ‘O que non se ve’, un espectáculo que usa a danza como método para visibilizar a forza e a loita da muller na sociedade actual.

A compañía combina danza tradicional e contemporánea nunha proposta que busca visibilizar a forza e a loita das mulleres na sociedade actual, explorando o que existe baixo as vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.

O espectáculo forma parte do Ciclo Teatro Galego e está cofinanciado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGAT), da que forma parte o Auditorio de Marín.

As entradas están dispoñibles a 4 euros en Ataquilla.com.

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio de Marín

Avenida de Ourense, s/n

Está pasando!