‘Baltic Chain Project’ | @ UVigo

Exposición 'Baltic Chain Project' en Pontevedra

xov14decConsultarven29marExposición 'Baltic Chain Project' en PontevedraCitizens, Equality, Rights and Values Programme (CERV)(Consultar) Facultade de Dirección e Xestión Pública - Pontevedra

Detalles do Evento

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle, entre o 14 de decembro de 2023 e o 29 de marzo de 2024, a exposición ‘Baltic Chain Project’, na que se presentan un conxunto de fotografías sobre a chamada Cadea Báltica, unha mobilización que tivo lugar en 1989 nos estados de Estonia, Lituania e Letonia, que por aquel entón formaban parte da Unión Soviética.

Inserida nas actividades divulgativas dun proxecto europeo, a mosta arrancou en decembro exhibindo unha serie de escolmas da cadea en Estonia e irá mudando nos sucesivos meses para mostrar imaxes desta mobilización en Letonia e Lituania.

Coordinado pola Universidade Tecnolóxica de Tallin, no proxecto participan universidades de sete países, entre as que se atopa a UVigo, da man do profesor de Dirección e Xestión Pública Celso Cancela. 

Xunto á Tecnolóxica de Tallin e á Universidade de Vigo, no ‘Baltic Chain Project’ participan tamén a Universidade de Letonia, da Vytautas Magnus University (Lituania), da Palacký University Olomouc (República Checa), da Universidade de Bialystok (Polonia) e da Comenius University de Bratislava (Eslovaquia). Centrado en afondar en como os valores asociados á Unión Europea puideron influenciar as reivindicacións a prol da independencia dos estados bálticos, o proxecto abrangue tanto o estudo este acontecemento como unha serie de accións divulgativas nos diferentes países participantes. Nese senso, Cancela, sinala que en Pontevedra tamén está prevista a organización en 2024 “dun acto académico para falar da Cadea Báltica desde a perspectiva da ciencia política”.

Visitable do 14 de decembro de 2023 ao 29 de marzo de 2024 na Ágora da Facultade de Dirección e Xestión Pública de Pontevedra.

Hora

Decembro 14 (Xoves) - Marzo 29 (Venres)

Localización

Facultade de Dirección e Xestión Pública

Campus A Xunqueira, s/n CP: 36005 Pontevedra

Está pasando!