Faia Díaz e Vero Rilo | © Culturactiva

Apatacón presenta 'Por unha peseta'

dom29mai12:30Apatacón presenta 'Por unha peseta'Híbridas en Santa Clara: Mesturas12:30 Igrexa do Convento de Santa Clara - Pontevedra

Detalles do Evento

Apatacón, a compañía integrada por Faia Díaz e Vero Rilo presenta ‘Por unha peseta’, un traballo onde voz narrada e cantada se achegan para atopar canto vale unha peseta.

Historias de vida recollidas no noso entorno e no universal xúntanse nunha peza que nos achega a partes iguais ao humor, á sensibilidade e á tenrura propias da nosa xente.

‘Por unha peseta’ lévanos aos tempos dos nosos devanceiros, pero dende un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca. Moita retranca.


HÍBRIDAS EN SANTA CLARA

Híbridas en Santa Clara é unha proposta de varios ciclos arredor da música e das artes escénicas.

Estes ciclos mesturan intereses artísticos diferentes, fusionando disciplinas e dando lugar a unha programación que combina elementos creativos de diversas procedencias.

Levan por nome: Mesturas, Danza, Desconecta, Sons no Retablo, Pianos e Música sen Palabras. 

A mestura de conceptos, estilos, formatos e, sobre todo, o contraste entre o espazo e os contidos é o que caracteriza este proxecto que incorpora propostas galegas e do resto do estado.

En definitiva, creacións diversas nun espazo tan singular como é a igrexa do Convento de Santa Clara, no corazón de Pontevedra.

A entrada para todas as actividades será de balde até chegar ao límite do foro. É dicir, non será precisa ningunha reserva para ningunha das actuacións.

O programa completo pode ser descargado aquí e a través dos códigos QR que se atopan nos carteis de ‘Híbridas en Santa Clara’ que están por toda a cidade.

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Igrexa do Convento de Santa Clara

Rúa Santa Clara, 16 - 36003 Pontevedra

Está pasando!