This is a repeating event

Festaclown 2026 en Vilagarcía

mér19agoConsultarFestaclown 2026 en Vilagarcía'A festa da risa'(Consultar: mércores) Concello de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa

Detalles do Evento

A “festa da risa” regresa a Vilagarcía de Arousa outra vez polo San Roque cunha nova edición do Festaclown.

O maior festival de circo de rúa de Galicia desenvolverase do 17 ao 22 de agosto coa presenza das mellores compañías internacionais, estatais e galegas que representarán un total de vinte e un espectáculos ao longo de seis días de programación.

O certame, que este ano fai no seu cartel un chisco á Festa da Auga, conta coa presenza de compañías de máximo nivel de Arxentina, Colombia e Australia e tamén de Cataluña, Valencia, Madrid Extremadura e Asturias. Pero especialmente, coas mellores mostras do circo galego, como o de Piscacatro, que recibiu o Premio Nacional de Circo en 2024, ou coas acrobacias aéreas de Su Moreno, que amenizou a presentación do certame.

O Festaclown mantén unha liña de cooperación internacional a través da cal, e grazas á colaboración de Pallasos en Rebeldía, mantén aberta unha escola de circo en Belén (Palestina) e vai organizar en outubro o 1º Festival de Teatro do Sáhara.

Serán tres actuacións por xornada (sesións de mañá, tarde e noitiña) nos espazos de costume: xardíns de Ravella, praza de Galicia e praza da II República. E todo de balde.

Hora

Consultar (Mércores)

Localización

Concello de Vilagarcía de Arousa

Está pasando!