Festival das Núbebes en Pontevedra

dom26feb12:30dom23:50Festival das Núbebes en PontevedraFESTIVAL DE ARTES ESCÉNICAS PARA BEBÉS E FAMILIA12:30 - 23:50 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

A concelleira de Cultura Carme Fouces anunciaba na mañá do mércores 15 de febreiro, acompañada de Andrea Bayer de Baobab o regreso do Festival das Núbebes.

“Volve o Festival das Núbebes con todo o esplendor e ledicia que nos gusta e sen máis limitación de aforos que a lóxica correspondente ao público principal do evento. Bebés e familia. Logo do paréntese provocada pola pandemia, a edición número 9 deste espazo de alegría, diversión e aprendizaxe lúdica, volve á cidade o domingo 26 de febreiro e a fin de semana do 3, 4 e 5 de marzo. Volve para quedar na memoria dos nenos e as súas familias ao longo da vida como un recordó feliz. Pontevedra é a cidade máis nova de Galicia, onde máis familias con bebés deciden vivir e estes datos son moi importantes á hora de gobernar e como non, de facer programación cultural”.

Programa do 9º Festival das Núbebes | © Concello de Pontevedra

Pola súa banda, dende Baobab Teatro, responsables da programación salientan que “esta edición vén con sorpresas. Tentamos apostar polas compañías galegas e haberá varias estreas como a de Vero Rilo e Sonsoles Penadique, tamén da man de Golfiños e tamén nosa, que estrenaremos o contacontos ‘Palabras’. Recomendamos ás familias que non se sature á cativada mercando entradas para todas as actividades e que asistan a unha ou dúas actividades ao día”, apuntaba Andrea.

Todos os espectáculos terán venda anticipada en Ataquilla.com a partir de do xoves 16 de febreiro ás 09:00 horas.

A billeteira física abrirá unha hora antes de cada pase para a venda de entradas (no caso de non esgotarse) ou para a retirada de tickets da actividade de balde, ‘Guerra de Almofadas’.


PROGRAMA 9º FESTIVAL DAS NÚBEBES

DOMINGO 26 DE FEBREIRO

  • 12.30 h. Teatro Principal. Inauguración con Roque e a artistas convidados. Teatro, monicreques e música. Público familiar. Entrada: 3 euros.
  • 16.30 e 18:00 h. Teatro Principal. Estrea de ‘Palabras’, de Baobab Teatro. Contos e monicreques. A partir de 1 ano. Entrada: 3 euros.
  • 16.45, 17.45 e 18.45 h. Casa das Campás. ‘A viaxe de Lup’ de Soledad Felloza. Contos. De 6 meses a 3 anos. Entrada 3 euros.
  • 17.15 e 18:45 h. Sala de arriba do Teatro Principal. ‘O son que me arrola’ da Asociación socioeducativa Antonio Gandoy. Espectáculo de música (cantos de berce, lerias e enredos). Traede a mantiña ou almofada que usedes habitualmente co bebe. De 6 meses a 3 anos. Entrada: 3 euros.

VENRES 3 DE MARZO

  • 17.00 e 18.00 h. Teatro Principal. ‘Nube, nube, sol’. De Teatro ó Cubo. Teatro e monicreques. De 0 a 3 anos. Entrada 3 euros

SÁBADO 4 DE MARZO

  • 11:45, 16:30 e 17:45 h. Sala de arriba do Teatro Principal. ‘Casa, casiña, casona’ de Marta Ortíz. Narración oral, teatro de obxetos e música.De 0 a 6 anos/ Entrada:3 euros
  • 12.15, 17:15 e 18:15 h. Teatro principal. ‘Coliño’ de A Xanela do Maxín. Espectáculo musical e sensorial. De 0 a 3 anos. Entrada: 3 euros.
  • 12.30, 17.00 e 18:00 h. Edifico Castelao do Museo de Pontevedra. Concerto de Xoán Curiel. Música. De 2 a 6 anos. Entrada: 3 euros.

DOMINGO 5 DE MARZO

  • 11:30 e 17:00 h. Sala de arriba do Teatro Principal. ‘Cantacontos para bebés’ de Pablo Díaz. Contos e música. De 0 a 3 anos. Entrada: 3 euros.
  • 11:30 e 17:00 h. Casa das Campás. Estrea de ‘Triscus Beliscus’ con Rilo e Penadique. Contos e música. De 0 a 3 anos/Entrada: 3 euros
  • 12.30 h. Teatro Principal. ‘Guerra de Almofadas’ con Roque. Cada participante (pequenos/as e grandes) deberá traer o seu coxín ou almofada. Público familiar. Entrada de balde.
  • 18.15 h. Teatro Principal. Concerto estrea ‘Silforiña’ e clausura con Roque da man de Golfiños e Baobab Teatro. Público familiar. Entrada 3 euros.

Hora

(Domingo) 12:30 - 23:50

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!