Festival Gastronómico Cocidos do Camiño

ven13maiConsultarsáb14maiFestival Gastronómico Cocidos do Camiñocampo da feira de lalín(Consultar) Concello de Lalín - Lalín

Detalles do Evento

O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño celebrará unha nova edición os días 13 e 14 de maio no Campo da Feira de Lalín cunha proposta moi especial, gozar dunha experiencia completa ao redor dun prato tan venerado como o cocido.

O Camiño de Santiago constitúe na actualidade a maior rede cultural á hora de promover calquera singularidade que se atope nalgún punto do seu percorrido. O Festival Gastronómico Cocidos do Camiño ten como finalidade facer converxer en Galicia, concretamente en Lalín, a través dun nexo como é o cocido, a diversas localidades que contan con este prato como estandarte da súa tradición culinaria.

Así, o Cocido Lebaniego será levado a cabo por Montse Prellezo do Restaurante Remoña, en CantabriaJulián Hurtado do Restaurante El Chozo ExtremeñoBadajoz presentará o seu mellor Cocido Extremeño, e aos fogóns de preparación do Pote Asturiano estará Cristina Rey de La Gitana GastroBar en Gijón. O cocido galego terá como representante, por suposto, a unha chef lalinense, Cecilia Sanmartín de Casa San Martín.


Cocido Lebaniego | © Restaurante Remoña (Cantabria)

Lalín actuará como marco da celebración pola súa singularidade. É un fito nos camiños, pero tamén un lugar de encontro de xentes, de culturas e de sensibilidades gastronómicas, de produtos e de tendencias… Un lugar aberto ao mundo, de intercambio entre o atlántico e o mediterráneo, a un paso de Compostela e no corazón de Galicia. E é, ademais, localidade capital do cocido galego -pois a Feira  do Cocido de Lalín conta coa catalogación de Festa de Interese Turístico Internacional-; por todo o anterior, o Festival Gastronómico Cocidos do Camiño atopa en Lalín algo que vai moito máis alá do seu espazo de celebración; a súa razón de ser.

Co Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, Lalín conecta a súa gastronomía culinaria con outras localizacións do camiño. Co cocido como nexo común e reclamo principal para todos os asistentes, pero non o único, pois o festival tamén contará cunha proposta musical de primeiro nivel achegando artistas dos territorios anteriormente mencionados. O escenario estará integrado na experiencia gastronómica, para completala, nun espazo único e exclusivo que se desenvolverá durante as tres xornadas.

Os horarios do evento, de entrada libre ata completar aforo, serán o venres de 19.30 horas a 01.00 horas e sábado de 12.30 horas a 16.00 horas e de 19.30 horas a 01.00 horas.


Así, os asistentes poderán gozar dos concertos de Maluks e Baiuca o venres 13, ademais dunha sesión DJ.

O sábado 14, a proposta dividirase en dúas sesións; ao mediodía, coas actuacións das As Pandereteiras A Carballeira de Cercio e Eladio y los Seres Queridos, e na sesión da tarde noite chegará o prato forte -no que ao plano musical se refire- con Atmósfera 0 e Club del Río e a actuación de Tanxugueiras. O peche no Campo da feira tamén correrá a cargo dun DJ.


Hora

maio 13 (Venres) - 14 (Sábado)

Localización

Concello de Lalín

Está pasando!