xuño, 2022

Detalles do Evento

Amparanoia, Andrés Suárez, Baiuca, Coque Malla, Delaporte, El columpio asesino, Lori Meyers, Mikel Erentxun, Arde Bogotá e moitos máis, formarán para do cartel da nova edición de PortAmérica, o festival que volverá a xuntar música e gastronomía internacional, para xerar unha ponte a ambos os dous lados do Atlántico que tende lazos entre Europa e Latinoamérica.

Os concertos terán lugar na Azucareira de Portas, mentres que a acampada será na mítica Carballeira de Caldas de Reis.

O Festival PortAmérica presenta 3 escenarios, ShowRocking con Estrelas Michelin e Soles Repsol, Mercado de Talentos e acampada nunha contorna natural e máxica. Ademais, a parte de gastronomía estará formada por recoñecidos cociñeiros. Algúns como Pepe Solla, David García, Maca de Castro, Angel León, Dani López, Andoni Luís Aduriz… entre outros, que nos mostrarán as súas grandes creacións en forma de tapa.

A organización, sumou ao cartel do ShowRocking 2022, once cociñeiros de prestixio nacional e internacional, representando 9 restaurantes galegos e países como Italia, Colombia e México. Nas novas confirmacións atópase Javi Oleiros (destacado polas súas 2 estrelas Michelin e a súa Estrela Verde da Guía Michelin), Javier Sanz, Juan Sahuquillo, Juan Manuel de la Cruz, Catalina Vélez, Zahie Téllez, Viviana Varese, Mariana Kwon, Carlos Gómez, Lucía Freitas e Álvaro Garrido.

A arte e o talento volverán aflorar os días 2, 3 e 4 de xuño no recinto de PortAmérica co Mercado de Talentos. Lugar onde deseñadores e creadores galegos (moda, estética, arte, vintage…), terán un espazo inmellorable onde mostrar e vender as súas creacións. A convocatoria está aberta ata o 15 de maio para inscribir postos na Factoría de talentos de PortAmérica.

Como novidade, o festival presenta unha nova programación musical “sesión vermú” que terá lugar as mañás do sábado e do domingo do festival no centro de Caldas na área termal A Tafona. Por outra banda, será a primeira vez que o festival conte cunha zona de acampada, na Carballeira de Caldas de Reis. Un espazo natural centenario emblema da Vila que ofrecerá aos campistas do festival catro días de aloxamento no corazón da localidade.

Como en anteriores edicións o festival poñerá ao dispor dos asistentes liñas de autobuses desde 6 das principais localidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Cambados – Vilagarcía e Vigo).


Hora

Todo o día (Venres)

Localización

Portas e Caldas de Reis

Está pasando!