This is a repeating event

III Portonovo Gastronómico

ven02maiConsultarIII Portonovo Gastronómico2, 3 e 4 de maio de 2025(Consultar: venres) Concello de Sanxenxo - Sanxenxo

Detalles do Evento

A terceira edición de Portonovo Gastronómico terá lugar os próximos 2, 3 e 4 de maio. Un evento que mantén a tradición da Festa da Raia á vez que amplía a súa oferta con tres ingredientes: gastronomía, música e animación nas rúas.

Portonovo Gastronómico 2025 conta coa colaboración de 19 locais de hostalería e a implicación dos colectivos de Portonovo como Ollares, Os Gatiños, Lembranzas, Amigos da Dorna, a Coral Polifónica, Mulleres Rurais, comisión de festas, colectivo de veciños e asociación de xubilados.

Cada local ofrecerá dúas tapas a un prezo de 5 euros que se irán selando e que permitirá a participación nun sorteo de estancias e comidas por valor de 50 euros. O sorteo realizarase o domingo ás 16 horas.

Os rostros dos veciños de Portonovo volverán lucir en Rafael Picó cunha gran exposición realizada por Ollares de Portonovo.

Un programa pensado para gozar en familia, cun total de 30 horas de actividades e 3 días seguidos con música nas rúas, concertos, animación, exposicións e xogos tradicionais.

programación que pode consultarse aquí, arrincará o venres do 2 de maio e prolongarase ata o domingo 4.

O domingo, 4 de maio, celebrarase a entrega da Raia de Ouro na Casa Mariñeira de Don Fernando. A persoa homenaxeada revelarase nos próximos días. O acto estará dirixido pola presentadora de ‘Hora Galega’ da TVG, Rocío Durán.


Hora

Consultar (Venres)

Localización

Concello de Sanxenxo

Está pasando!