This is a repeating event

LIII Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia

xov04xuñConsultarLIII Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumiae Exaltación das Variedades Autóctonas(Consultar: xoves) Carballeira de Barrantes - Ribadumia

Detalles do Evento

Ribadumia celebra unha nova edición da tradicional Festa do Viño Tinto do Salnés, unha das citas gastronómicas e festivas máis salientables da comarca do Salnés.

Durante os días 4, 5, 6 e 7 de xuño, a Carballeira de Barrantes e diferentes espazos do municipio acollerán concertos, degustacións, showcookings, actividades culturais e algunhas das orquestras máis coñecidas de Galicia.

programación da LIII Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas é a seguinte:

XOVES 4

  • 21.00 h. Animación polas rúas con Festicultores Troupe.
  • Pola noite. Verbena coa orquestra La Mecánica.

VENRES 5

  • 13.00 h. Carpa dos stands. Apertura e inauguración oficial da LIII Festa do Viño Tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas.
  • 13.00 h. Pasarrúas con Demos da Petaca.
  • 13.30 h. Carpa dos stands. Showcooking con Cristian Falcón Penín.
  • 17.00 h. Pasarrúas con Volandeira e Con De Xido.
  • 19.30 h. Capela de Barrantes. Misa cantada e procesión co Coro O Noso Aire de Meis, Volandeira, Con De Xido e a Banda de Música Municipal de Ribadumia.
  • 20.00 h. Carpa dos stands. Cantosdefurancho ‘Canta nas Croas’.
  • 21.00 h. Praza do Concello. Verbena sinfónica con Antonio Barros e AGMC de Ribadumia.
  • Pola noite. Actuacións das orquestras Olympus e América de Vigo.

SÁBADO 6

  • 12.00 h. Casa do Concello. Recepción de autoridades e desfile ata a Carballeira de Barrantes.
  • 12.30 h. Carballeira de Barrantes. Cata e acto de investidura dos valedores do Viño Tinto do Salnés presentado por Rocío Padín e Anxo Varela.
  • 12.30 h. Carballeira de Barrantes. Actuación da AGMC de Ribadumia e da Asociación Cultural Abiñadoira.
  • 12.30 h. Carballeira de Barrantes. Lectura do pregón a cargo de Leti da Taberna.
  • 12.30 h. Carballeira de Barrantes. Degustación gratuíta de viño tinto, pan de millo e chourizos.
  • 15.00 h. Pavillón de Barrantes. Xantar de confraternidade e entrega de premios aos mellores viños, amenizada pola charanga MIL9.
  • 18.30 h. Praza do Concello. Festa da espuma.
  • 19.00 h. Avda. Rosalía de Castro. Tributo a Nacional 81 con Os Repetidores de EXB.
  • 20.00 h. Carpa dos stands. Actuación de Cantareiros Os Chipas do Lérez.
  • Pola noite. Verbena coas orquestras Capitol e Asia.

DOMINGO 7

  • 10.00 h. IX Andaina Solidaria do Concello de Ribadumia. A andaina solidaria deste ano recadará fondos a favor da Asociación Bata, entidade dedicada ao apoio e atención de persoas con TEA e as súas familias. A inscrición poderá realizarse o mesmo día antes do inicio da actividade. O percorrido, de baixa dificultade, comezará na rotonda dos Castiñeiros e finalizará xunto á carpa da festa, pasando por diferentes puntos do municipio como a Ruta da Pedra e da Auga, a Carballeira de Ribadumia ou o paseo fluvial do río Umia.
  • 10.00 h. Pasarrúas con Volandeira e Con De Xido.
  • 11.00 h. Pasarrúas coa Charanga Alambique.
  • 12.00 h. Praza do Concello. Xogos populares ata as 18.00 h.
  • 12.00 h. Showcooking con Mónica Martínez Bemposta.
  • 12.30 h. Capela de Barrantes. Misa cantada e procesión co Coro Santo Sanduriño, Con De Xido e Volandeira.
  • 13.00 h. Carpa dos stands. Sesión vermú co Dúo Prisma.
  • 18.30 h. Praza do Concello. Espectáculo familiar ‘Hoxe Si’ da compañía Sempre Arriba.
  • 20.00 h. Praza do Concello. Concerto a cargo de Añoranza e M.80.
  • Pola noite. Actuación da orquestra Panorama.
  • 00.30 h. Peche da festa con fogos de artificio.

Hora

Consultar (Xoves)

Localización

Carballeira de Barrantes

Barrantes

Está pasando!