This is a repeating event

Festa dos Libros 2026 en Pontevedra

ven03xul11:00Festa dos Libros 2026 en Pontevedra3, 4 e 5 de xullo de 202611:00 Praza da Ferraría - Pontevedra

Detalles do Evento

Pontevedra acollerá a primeira fin de semana de xullo –venres 3, sábado 4 e domingo 5– a novena edición da Festa dos Libros, que encherá a carpa da praza da Ferraría de literatura, encontros arredor da lectura e propostas culturais para todos os públicos.

Organizada polo Concello de Pontevedra, a festa conta coa colaboración de trece librarías da cidade: Aviones de Papel, Clip, D-Lectum, El Naranjo, El Pueblo, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Libraría Paz, Librería Escolma, Librería Metáfora, Librería Seijas, Librería Cronopios e Mononoke Manga. Ademais, a editorial pontevedresa Kalandraka contará cun espazo propio no que exhibirá as súas publicacións.

A carpa permanecerá aberta ao público de 11.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 22.30 horas (agás o domingo, que pechará ás 22.00 horas).

Ademais dos postos de venda das librarías, o evento reunirá a máis dun cento de autores, autoras e profesionais do ámbito editorial e cultural que protagonizarán un amplo programa de actividades destinadas a fomentar a lectura e o amor polos libros.

Entre os nomes máis destacados figuran Manuel Rivas, Manuel Jabois, Manel Loureiro, María Oruña, Arantza Portabales, Paula Carballeira, Elvira Mínguez, Francisco Narla, Ana Romaní, María Solar, Alfredo González-Ruibal ou Xesús Fraga, entre outros.

O programa abrangue propostas para todas as idades e que abrirá cada unha das tres xornadas con actividades dirixidas ao público infantil.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Praza da Ferraría

Praza da Ferraría, Pontevedra

Está pasando!