A xira ‘Dramiño D’Ronda’ regresa as parroquias de Salvaterra de Miño coas ‘Noites de Teatro’

20 Xullo 2026

O Verán Cultural de Salvaterra de Miño comeza este vindeiro 20 de xullo coa xira ‘Dramiño D’Ronda’ un ano máis a cargo do grupo de teatro Dramiño que neste 2026 percorrerá as 8 parroquias restantes da vila de Salvaterra de Miño levando o seu espectáculo ‘Noites de Teatro’ por todas elas.

Un espectáculo en formato de microteatros ou monólogos, que promete unha hora de diversión e moitas risas, e que non deixará indiferente a ninguén.

Dramiño promete programación diversa entre parroquias veciñas para que se o público desfruta o espectáculo poida voltar a facelo cunha proposta distinta noutra data da xira.

Vilacoba, Meder, Soutolobre, Fiolledo, Lourido, Porto, Pesqueiras e Oleiros son as parroquias polas que rondará Dramiño este verán e así completar o inicio de xira do pasado ano.

Ademais o grupo de teatro Nós Mesmas estará en Leirado o venres 31 de xullo ás 22:00 horas coas ‘Noites de Impro’.

Está pasando!