'Othello'

ven22out20:00'Othello'Vigocultura | Voadora20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Voadora porá en escena a obra de teatro contemporáneo ‘Othello’, dentro da programación de Vigocultura.

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el.

Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

#BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013 morreron 1.053 mulleres asasinadas por violencia machista.

Esta nova visión constrúese coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través das personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca.

Utilizando a comedia como xeradora de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato.

Xusto aquí:

Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa). Othello, acto VII. Deter o tempo e voltar sobre os pasos da historia para entender como chegou ata ese punto. Detelo e proporlle ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura do sistema patriarcal.

  • Autoría: William Shakespeare
  • Dirección e escenografía: Marta Pazos
  • Adaptación: Fernando Epelde
  • Deseño de son e música: Hugo Torres
  • Deseño de iluminación: Nuno Meira
  • Vestiario: Silvia Delagneau
  • Coreografía: María Cabeza de Vaca
  • Elenco artístico: Hugo Torres, Joaquín Abella, Ángel Burgos, Ana Esmith, María Vázquez e Chumo Mata
  • Idioma: Galego e Español
  • Público: Adulto
  • Duración: 75 minutos

Prezo: dende 10,00 €. Entradas anticipadas á venda en giglon.com, na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!