novembro, 2021

18nov10:00'Outros Camiños'documental para escolares10:00 AfundacionTVEvento tipo:Infantil

Detalles do Evento

“A túa película gustoume moito. Pero ti serías capaz de facer con nós máis de 500 km enriba da bici pola Ruta da Prata?” Esta era a pregunta que facía Javichu, piloto con parálise cerebral de Discamino, ao director Rubén Riós en xaneiro de 2019 na Sede Afundación de Vigo, despois de ver o documental ‘Máis ca Vida’ realizado con persoas con discapacidade intelectual.

Nese instante, comezarían centos de quilómetros, días de aprendizaxe, sorrisos, apertas e bágoas onde os líderes dese camiñar, catro persoas con parálise cerebral, guiarían o resto do pelotón na aprendizaxe da relación das persoas coa diferenza humana. Un proxecto soportado polo espírito de superación, o esforzo e a recompensa que iso leva parello en todos os ámbitos da vida.

Documental para escolares da ESO en afundacion.tv

Claqueta Coqueta Producións

Galego/Castelán (Lingua de signos e subtítulos en galego), 60 minutos


Encontros

‘Outros Camiños’ levará consigo un encontro posterior co actor e director Rubén Riós, no que achegará ao alumnado os camiños que marcan as diferenzas humanas a través da tolerancia, entendemento, empatía e do respecto cara a nós mesmos e cara ao resto da sociedade. Aprendamos a relacionarnos coa diferenza, a crer nun mesmo e derrubar as fronteiras que nos limitan.

Duración: 50 minutos


  • Documental | 15 e 16 de novembro | 10.00h
  • Encontros | 17 e 18 de novembro | 10.00h

Hora

(Xoves) 10:00

Localización

AfundacionTV

Está pasando!