Ponteverán 2023 en Pontevedra

sáb01xul00:00xov31ago(ago 31)23:59Ponteverán 2023 en Pontevedraprograma de ocio xuvenil para a mocidade(xullo 1) 00:00 - (agosto 31) 23:59 Concello de Pontevedra - Pontevedra

Detalles do Evento

O programa Ponteverán 2023, organizado pola Concellaría de Cultura de Pontevedra, configura unha oferta cultural e de ocio educativo para a mocidade e adolescencia (entre os 8 e 35 anos).

Rapazas e rapaces teñen a oportunidade de realizar actividades ao aire libre, a través das cales se favorece o seu desenvolvemento persoal con valores positivos de inclusión, respecto, creatividade, hixiene, esforzo e igualdade.

A QUEN VAI DIRIXIDO

  • Preferentemente á mocidade do municipio de Pontevedra.
  • No caso de non se cubriren as prazas, optarán persoas doutros concellos (terán preferencia os concellos limítrofes) e doutras idades a través das correspondentes listaxes de agarda.

ACTIVIDADES DE BALDE

  • Todas as actividades son gratuítas polo que pedimos o voso compromiso coa asistencia.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS

  • Solicitudes: para cada actividade a través do formulario en liña da web Click! a partir do 1 de xuño
  • Cando se esgote o número máximo de solicitudes por actividade, o formulario pecharase e avisarase ás persoas admitidas para que formalicen a inscrición coa achega da documentación necesaria, ou para o sorteo de prazas (no caso de ser necesario).
  • Posteriormente xestionarase a lista de agarda de cada actividade coas prazas asignadas que vaian quedando vacantes.

Hora

Xullo 1 (Sábado) 00:00 - Agosto 31 (Xoves) 23:59

Localización

Concello de Pontevedra

Está pasando!