'Verán en Ruta': Cangas 1617

ven15xul20:00'Verán en Ruta': Cangas 1617Rutas guiadas gratuítas por cangas20:00 Concello de Cangas - Cangas

Detalles do Evento

No ano 1617 unha escuadra de piratas turco-berberiscos chegan á nosa ría a bordo de 11 navíos despois de percorrer e atacar diferentes portos ao longo da península.

Cal foi o motivo da súa chegada? Como foi o ataque? Como afectou ao desenvolvemento posterior da vila? Realizaremos unha viaxe no tempo para coñecer como era a vida dos cangueses e canguesas no século XVII. Veremos a que se adicaban, quen ostentaba o poder e falaremos da orixe e crecemento exponencial da Vila de Cangas ao amparo do seu porto grazas á pesca e ao comercio.

Verán en Ruta 2022

Para Cangas A Illa dos Ratos presenta un programa de rutas que inclúe grandes clásicos dos últimos anos como “Massó, o sentir dun pobo“, “Cangas 1617, A defensa da Vila” ou “Rúas con Historia“, mesturados con outras rutas tamén moi interesantes como “Senda Costeira de Areamilla” , “Cabo Home e a Costa da Vela” ou a ruta máis esperada por moitos de vós “Aldán, un condado a beira do mar“.

Se estades interesados en asistir teredes que darvos moita présa porque as prazas son limitadas e a demanda moi elevada.

Os interesados poden inscribirse previamente por whatsapp no 611 08 08 53. Nun principio hai un límite de 30 prazas por ruta e unha vez sexan completadas habilitaranse as correspondentes listas de espera.


Hora

(Venres) 20:00

Localización

Concello de Cangas

Está pasando!