outubro, 2022

Detalles do Evento

Enmarcado na XVII edición da Semana de Cine – Cinemas Ocultos, organizada polo Cine Clube Cangas, o domingo 2 de outubro ás 21:00 horas, o Auditorio Municipal de Cangas acolle a proxección de ‘Suk Suk’.

  • Título orixinal: ‘Suk Suk’
  • Xénero: Ficción
  • País: Hong Kong
  • Ano: 2019
  • Dirección: Ray Yeung
  • Guión: Ray Yeung
  • Música: Veronica Lee
  • Fotografía: Leung Ming-Kai
  • Reparto: Tai Bo, Ben Yuen, Patra Au Ga Man, Lo Chun-Yip, Kong To, Lam Yiu-Sing, Hiu Yee Wong, Yixin Hu, Lau Ting Kwan, Wai-Keung Chu
  • Duración: 70 min.

Sinopse:

Pak e Hoi son dúas persoas maiores con vidas totalmente diferentes. Pak, aos seus 70 anos traballa de taxista e renuncia a xubilarse. Hoi, xubilado de 65, é pai solteiro e vive co seu fillo, un fervoroso cristián. Ambos comparten o orgullo das familias que conformaron, pero a partir dun encontro nun parque vai aflorar unha sexualidade reprimida durante anos.



A XVII edición da Semana de Cine de Cangas – Cinemas Ocultos, que se celebrará do 30 de setembro ao 8 de outubro, pon o foco nos ‘Diálogos co Tempo’: relacións interxeneracionais, ciclo vital, afectividade, inquedanzas,…

Ademais esta edición contará con cine de animación, curtas galegas e un espazo de encontro de profesionais do audiovisual.

Datas das proxeccións:

  • Venres 30 de setembro ás 21:00 h. ‘Beiras. Vivir 2 Veces’.
  • Sábado 1 de outubro, 18:00 h. ‘El caracol y la ballena y otros cuentos del mar’.
  • Sábado 1 de outubro, 21:00 h. ‘La voluntaria’.
  • Domingo 2 de outubro, 18:00 h. ‘Mamá es pura lluvia’ e ‘Mi vida en Versalles’
  • Luns 3 de outubro, 21:00 h. ‘Vortex’.
  • Martes 4 de outubro, 10:00 h. ‘Valentina’.
  • Martes 4 de outubro, 21:00 h. ‘Galicia en Curta’.
  • Xoves 6 de outubro, 21:00 h. ‘Violeta al fin’.
  • Venres 7 de outubro, 21:00 h. ‘Utama’.
  • Sábado 8 de outubro, 18:00 h. ‘Ainbo, La Guerrera del Amazonas’.
  • Sábado 8 de outubro, 21:00 h. ‘Francesca y el Amor’.

As entradas poderán adquirirse na web https://cineclubcangas.gal/


Hora

(Domingo) 21:00

Localización

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo, 27A, 36940 Cangas, Pontevedra

Está pasando!