Observatorio Astronómico de Cotobade | © Asociación Astronómica Sirio

Visitas guiadas ao observatorio astronómico de Cotobade

Visitas guiadas ao observatorio astronómico de CotobadeAsociación Astronómica SirioDurante todo o ano (2022) Observatorio Astronómico de Cotobade - Cerdedo-Cotobade

Detalles do Evento

Observacións guiadas do ceo, todos os sábados do ano, no observatorio astronómico de Cotobade, organizadas pola Asociación Astronómica Sirio.

Na actividade que é gratuíta e cunha duración aproximada de 45 minutos, divídense aos asistentes en 3 grupos de 5 persoas cada un e van rotando polas distintas partes da visita, cunha duración de 15 minutos cada unha:

  • Observación na cúpula a través do telescopio do observatorio.
  • Explicacións: Dedicamos o ano 2022 ás ESTRELAS, así que damos unha pequena charla sobre as estrelas (vida, cores, distancias, etc.) e unha explicación do ceo a primeira ollada.
  • Observación a través dun telescopio instalado no exterior do Observatorio

É importante levar roupa de abrigo, debido a que no observatorio pode chegar a facer bastante frío, mesmo nalgúns días de verán.

Para participar é preciso facer reserva previa en asociacionsirio.es

Hora

Durante todo o ano (2022)

Localización

Observatorio Astronómico de Cotobade

Monte Coirego, 36856 Cerdedo

Está pasando!