Yllana presenta 'Madness' en Vigo

sáb28nov20:00Yllana presenta 'Madness' en VigoVigocultura 202620:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo - Vigo

Detalles do Evento

Yllana presenta o seu espectáculo ‘Madness’ no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o sábado 28 de novembro, como parte da programación de Vigocultura.

Das mentes inescrutables que crearon ‘The Primitals’ en 2016 nace agora ‘Madness’, unha comedia musical sobre a vida nas marxes do sistema.

De alternar coa elite a durmir debaixo dunha ponte. Da indixencia á jet set. Onte comendo ostras; hoxe ostracismo.

Yllana e Prímital Brothers volven unir as súas forzas para dicirnos que a tecnoloxía é a nova mitoloxía, que a vida cotiá é de tolos, que a risa é sagrada e o canto a capela é a áncora coa humanidade.

A obra, cunha duración de 90 minutos, conta con Íñigo García Sánchez, Pedro Herrero, Adri Soto e Manu Pilas, e dirección de Joe O’Curneen.

Prezo: 10 euros. As entradas poderán adquirirse (sen gastos de xestión, ao mesmo prezo que no despacho de billetes):

  • A través de giglon.com
  • Na Papelería Folder Progreso (Rúa Progreso, 22, Vigo), en horario de luns a venres de 10:00 a 13:30h. e de 16:30 a 20:00h., e os sábados de 10:00 a 13:30h.
  • El mismo día del espectáculo a partir de una hora antes del comienzo en la taquilla del Auditorio (siempre que hubiera entradas disponibles)

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo

Está pasando!