A Sala Videodrome acollerá a terceira edición do Galician Freaky Film Festival

14 Setembro 2020

A 3ª edición do Galician Freaky Film Festival celebrarase do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome (Mercado do Progreso, Vigo).

O Galician Freaky Film Festival é un evento de cinema e cultura freak de orixe totalmente galega. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que habitualmente vense privadas das canles habituais de distribución no estado.

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional: terror e arrepío para que non durmas máis, frikismo do de verdade, humor ata que escache o diafragma, pezas que che van deixar o cu torcido, a mellor animación…

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

+info. en galicianfreakyfestival.com

Está pasando!