
Cambados convértese no epicentro das Rías Baixas coa inauguración da LXXIX Festa do Viño Albariño
29 Xullo 2026
Chegou o día de apertura da LXXIX edición da Festa do Viño Albariño, e xa está todo preparado para as actividades organizadas polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas nunha das citas enogastronómicas máis importantes de España, declarada como Festa de Interese Turístico Internacional.
Hoxe mércores, 29 de xullo, tivo lugar a inauguración e apertura das 42 casetas, que ocuparán 44 adegas da denominación, instaladas no Paseo da Calzada. Numerosas persoas participaron na inauguración e paseáronse polo Paseo da Calzada para desfrutar do primeiro día de festa.
Tras cortar a banda de inauguración, as autoridades fixeron o seu tradicional paseo polas diferentes casetas na Calzada, saudando a adegas, e brindando co Albariño Rías Baixas nas tres cooperativas, como é costume. Durante este deambular polo Paseo da Calzada, as autoridades asistentes tamén falaron con veciños e visitantes neste multitudinario inicio de festa.

Capitaneados polo alcalde de Cambados, Samuel Lago; o presidente do D.O. Rías Baixas, Isidoro Serantes; o seu homólogo da Deputación de Pontevedra, Luís López; e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, entre outras autoridades, atenderon aos diferentes medios de comunicación.
Tocaba falar de festa e viño, como merecía a ocasión así que todos eles só tiveron palabras para enxalzar esta festa de interese turístico internacional, a segunda festa gastronómica máis antiga de España. Os motivos son moitos: o seu ambiente, a súa gran variedade de actividades lúdicas e profesionais como o Túnel do Viño, a Cata Concurso, entre outras.
Así, o presidente da D.O. Rías Baixas, Isidoro Serantes, destacou que “estamos ante a festa do viño máis importante da D.O. Rías Baixas, que atrae a moitísimo público de todas as idades, especialmente novas” e invitou “a participar no Túnel do Viño, que organiza esta Denominación de Orixe, e que é unha actividade consolidada que xa suma 15 edicións e que crece tanto en número de participantes como de marcas que se poden catar no Salón de Exposicións José Peña”.
Pola súa banda, a conselleira María José Gómez manifestou que “a Festa do Viño Rías Baixas Albariño de Cambados é unha data ineludible, unha cita para poñer en valor o bo traballo que está a desenvolver o D.O. Rías Baixas, cuxo viño é recoñecido en todo o mundo”.
A conselleira aproveitou para resaltar que “os viños de Rías Baixas son recoñecidos en todo o mundo”. Así destacou “o incremento das vendas nos Estados Unidos a pesar de as circunstancias adversas, iso di moitos do ben que se están facendo as cousas”. Por iso, María José Gómez manifestou o seu total apoio ao sector “como non podería ser doutro xeito”.
O presidente da Deputación, Luís López, asegurou que “non se entende o verán en Rías Baixas sen a Festa do Albariño que nos posiciona internacionalmente e dános unha importante proxección”. De feito, Luis López sacou peito afirmando que “por primeira vez en maio visitáronnos máis estranxeiros que nacionais”, e lembrou “a aposta que se empezou a facer neste sentido hai tres anos desde a Deputación de Pontevedra a través do patrimonio natural, da cultura e da gastronomía da man do viño de Rías Baixas.
Para iso falou de “as axudas da Deputación ao sector cooperativista vinculadas os viñedos e, tamén, de posicionamento ao destino, porque un visitante internacional que vén ás Rías Baixas logo consome estes viños nos seus países” afirmou.
Finalmente, o alcalde Samuel Lago empezou falando do pregón do actor cambadés Flako Estévez “un dos máis simpáticos dos últimos anos” e destacou todo o traballo previo e posterior que require unha festa de tales dimensións “Cambados ten 14.000 habitantes e chegou a superar as 200.000 persoas nestes días, e iso require moito traballo previo e posterior”.
Para o alcalde os primeiros días de festa son os máis especiais, “porque é cando os veciños e veciñas de Cambados podemos desfrutar dos amigos, da familia e do mellor viño branco do mundo na festa gastronómica máis antiga de Galicia e unha das máis de España”.
CATA CONCURSO
Ata Cambados desplazouse hoxe mércores o panel de cata externo, que este ano participará como xurado da XXXVIII Cata Concurso Albariño Rías Baixas. Este avaliará a Añada 2025, que acaba de ser cualificada como “Moi Boa”.
A Cata Prima será mañá xoves, 30 de xullo, ás 10.00 horas, no Salón Bazán do Parador de Cambados, que continuará ao día seguinte coa Cata Derradeira.
Un total de 24 catadores integrarán o panel de cata creado con motivo desta trixésimo oitava edición da cata concurso. 12 deles pertencen ao panel externo. En total avaliarán 60 marcas de Albariño Rías Baixas.
TÚNEL DO VIÑO
O XV Túnel do Viño en Cambados abrirá as súas portas do xoves 30 de xullo coa inauguración oficial ás 12:30 horas e pecharaas o sábado 1 de agosto. A xornada dividirase en sesións de mañá e tarde, e sábado pola mañá.
O Salón José Peña acollerá máis de 212 marcas de 81 adegas da denominación que se poden atopar no mercado e que ofrecen a posibilidade de degustar de forma moderada e tranquila unha gran variedade de elaboracións de viños de Rías Baixas. Entre eles, Rías Baixas da Añada 2025, e doutras, así como Rías Baixas Espumosos e elaboracións especiais, que abarcan viños sobre leas, en madeira e mesmo de parcelas ou leiras.
As persoas asistentes contarán co asesoramento dun catador profesional. O horario de apertura das instalacións o xoves e venres será de 11.00 a 22.30 horas, con cinco sesións de hora e media. O prezo da entrada será de 25 euros por sesión.
PROGRAMACIÓN DA LXXIX FESTA DO VIÑO ALBARIÑO
Concertos, actividades familiares, espectáculos, tradición, alboradas, túnel do viño, catas, sesións DJ e, por suposto, as casetas de degustación do mellor Albariño da D.O. Rías Baixas farán que Cambados volva vivir unha semana inesquecible.
A festa arrinca oficialmente hoxe, mércores 29 de xullo, aínda que onte comezaron as actividades con xogos tradicionais, espectáculos circenses e música en directo no día coñecido como “Pé de Cuba”.
Martes, 28 de xullo 2026 | “Pé de Cuba”
- 11.00 a 14.00 h. Praza do Concello. Xogos tradicionais.
- 20.00 h. Escalinata San Tomé. Espectáculo circense con Circo Isla Letriska.
- 21.00 h. Praza Alfredo Brañas. Concerto de The Velvet Crab.
- 21.30 h. Pasacalles con charanga Alambique.
- 23.00 h. Praza Alfredo Brañas. Sesión DJ.
Mércores, 29 de xullo
- 10.00 h. San Tomé: Saída da alborada co grupo de gaitas Boudebou.
- 13.00 h. Praza do Concello: Pregón do actor Flako Estévez e acto de inauguración da LXXIV Festa do Albariño.
- 13.30 h. Paseo dA Calzada: Apertura das Casetas de Viño.
- 19.00 h. Pasacalles da batukada Olodum do Coio.
- 20.00 h. Praza de Fefiñáns: Actuación Meigo Noel.
- 22.00 h. Praza de Fefiñáns: Concerto de Law e Ninghures.
- 23.00 h. Praza do Concello: Verbena popular coa orquestra Suavecito.
- 23.00 h. Praza Alfredo Brañas: Sesión DJ.
Xoves, 30 de xullo
- 10.00 h. San Tomé: Alborada do grupo de gaitas Con de Xido.
- 10.00 h. Parador de Cambados: Cata Prima: Primeira cata dos viños presentados a concurso.
- 12.30 h. Salón de Congresos José Peña: Inauguración do Túnel do Viño.
- 19.00 h. Pasacalles da batukada Olodum do Coio.
- 22.00 h. Praza de Fefiñáns: Concerto de Mondra, Amoebo e Alana.
- 23.00 h. Praza do Concello: Verbena popular coa orquestra América de Vigo.
- 23.00 h. Praza Alfredo Brañas: Sesión DJ.
Venres, 31 de xullo
- 10.00 h. San Tomé: Alborada do grupo de gaitas Volandeira.
- 11.00 h. Parador de Cambados: Cata dos viños presentados a concurso.
- 16.00 h. Paseo de San Tomé: Nortada Electrónica.
- 19.00 h. Pasacalles da batukada Olodum do Coio.
- 21.00 h. Praza de Fefiñáns: Concerto de Roa, Luar A L e A Pantera.
- 22.30 h. Praza do Concello: Verbena popular coa orquestra Alkar e con DJ Macba e DJ Paco Vulkano.
- 23.00 h. Praza Alfredo Brañas: Sesión DJ.
Sábado, 1 de agosto
- 10.00 h. San Tomé: Alborada do grupo de gaitas Xironsa.
- 11.00 h. Parador de Cambados: Cata dos viños presentados a concurso.
- 16.00 h. Paseo de San Tomé: Nortada Electrónica.
- 19.00 h. Pasacalles da batukada Olodum do Coio.
- 22.00 h. Praza de Fefiñáns: Concerto de Rufus T Firefly, Cora Yako e Agoraphobia.
- 22.30 h. Praza do Concello: DJ Matrek e DJ JJ Compota.
- 23.00 h. Praza Alfredo Brañas: Sesión DJ.
Domingo, 2 de agosto
- 13.00 h. Avenida de Madrid: Capítulo Serenísimo. Desfile de autoridades e Confrarías Gastronómicas invitadas.
- 13.30 h. Patio de Armas do Pazo de Fefiñáns: Capítulo Serenísimo. Acto de investidura de Donas e Cabaleiros do Albariño.
- 14.30 h. Sociedade Cultural: Comida do Albariño e premiados na LXXIV Festa do Albariño 2026.
- 22.00 h. Praza de Fefiñáns: Concerto da Banda de Música de Castrelo.
- 22.30 h. Praza do Concello: Verbena popular co grupo D Noite.
- 00.00 h. Paseo marítimo de Cambados: Espectáculo pirotécnico de Fin de Festa.









