This is a repeating event

Feira de Oportunidades Stock Marín 2026

ven31xul11:00Feira de Oportunidades Stock Marín 2026Do 31 de xullo ao 2 de agosto de 202611:00 Alameda de Marín - Marín

Detalles do Evento

A Alameda de Marín acollerá unha nova edición do Stock Marín, unha das citas comerciais do verán, que se celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto coa participación de 21 establecementos.

Durante tres días, o comercio local sairá á rúa para ofrecer ao público produtos con importantes descontos e oportunidades especiais, nun evento pensado para dinamizar a actividade comercial, achegar os establecementos á veciñanza e reforzar o consumo de proximidade.

O horario de apertura será:

  • Venres, sábado e domingo: de 11.00 a 14.00h.
  • Venres e sábado: de 18.00 a 22.00h.
  • Domingo: de 18.00 a 21.00h.

Nesta edición, ademais das ofertas comerciais, o Stock Marín contará con diferentes accións de dinamización para facer da visita á Alameda unha experiencia máis atractiva para todos os públicos.

Entre elas, o sábado 1 de agosto, de 19.00 a 21.00 horas, haberá reparto de palomitas polas compras, unha actividade pensada especialmente para acompañar o ambiente familiar e festivo da campaña.

Tamén se incorpora a campaña COM-PENSA, impulsada pola Xunta de Galicia baixo o lema “Transformar o consumo para coidar o planeta”. No marco desta acción repartiranse bolsas reutilizables da campaña Comercio Compensa por compras superiores a 10 euros, ata fin de existencias, co obxectivo de promover hábitos de consumo máis sostibles e poñer en valor o comercio local.

Ademais, as persoas asistentes poderán acceder mediante código QR á información sobre ofertas e comercios participantes.

Como broche final, o domingo 2 de agosto ás 19.30 horas celebrarase un sorteo presencial de 700 euros, unha oportunidade máis para premiar a confianza das persoas consumidoras no comercio de Marín.

O Stock Marín está organizado polo CCA Estrela de Marín, cofinanciado pola Xunta de Galicia e Comercio Galego e conta coa colaboración do Concello de Marín.

Hora

(Venres) 11:00

Localización

Alameda de Marín

Alameda Rosalía de Castro, 36900 Marín

Está pasando!