James Rhodes chega a Pontevedra con ‘Manía’, un espectáculo que une música clásica e relatos persoais

21 Setembro 2026

O pianista James Rhodes dará un concerto o venres 25 de outubro no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra para presentar o seu espectáculo ‘Manía’.

Coñecido polo seu carisma, talento e estilo de “stand-up” no escenario, Rhodes ofrecerá unha experiencia distinta aos recitais tradicionais cargada de anécdotas, contexto histórico e un repertorio que atravesa séculos de música no que incluirá obras de Chopin, Brahms e Rachmaninov.

Nos seus concertos, Rhodes interactúa directamente co público, falando das obras que interpreta, por que as elexiu e o contexto no que se compuxeron. Ademáis, comparte a historia da súa vida e como a música, en especial a de Bach, axudoulle a superar obstáculos. 

James Rhodes é un apaixoado da música clásica que se conerteu nun importante divulgador a nivel mundial. A súa carreira despegou en 2009, cando o seu primeiro mánager o animou a gravar o seu primeiro CD. Dende entón, publicou numerosos álbumes e libros, incluíndo o seu exitoso libro ‘Instrumental. Memorias de música, medicina y locura’ e actualmente ten o seu propio programa na Cadena SER “En clave de Rhodes”.

O seu particular estilo permitiulle atraer a novos públicos, actuando en festivais de música pop e recintos pouco convencionais así como nas principais salas de concertos internacionais: Koerner Hall Toronto, Elbphilhamonie Hamburgo, The Queen Elizabeth Hall Londres, El Liceu Barcelona, ​​Musikverein Viena, Teatro Real Madrid, The Barbican Londres e moitos máis dende Australia ata Hong Kong.

Entradas anticipadas á venda dende 22 euros en Ataquilla.com

Está pasando!