O Concello de Pontevedra e a Fundación Telefónica presentan ‘A Arte no Cómic’, grandes obras da pintura universal vistas por máis de 70 historietistas e ilustradores contemporáneos

8 Outubro 2021

  • A exposición permanecerá visitable no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o próximo 11 de novembro e están previstas diferentes actividades en torno á mesma
  • Conta con máis de 250 obras, entre elas algunhas de historietistas galegos como Brais Rodríguez, Óscar Raña, Cynthia Alfonso, Jacobo Fernández Serrano, Fernando Llor, ou Miguelanxo Prado
  • Ademais, por primeira vez, poderá verse o cómic completo de María Herreros dedicado a Georgia O’Keeffe, editado polo Museo Nacional Thyssen Bornemisza

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Férnandez Lores, e a concelleira Carme Fouces inauguraron onte a exposición da Fundación Telefónica A arte no cómic nun acto ao que asistiron o Director de Coñecemento e Cultura Dixital e do Espazo Fundación Teléfonica, Pablo Gonzalo, o historiador e comisario da mostra Asier Mensuro e a artista María Herreros que expón por primeira vez os orixinais do seu cómic Georgia O´Keeffe, creado durante o confinamento.

Carme Fouces que presentou o acto, quixo agradecer antes de dar paso a Pablo Gonzalo, a posibilidade de gozar desta exposición na que máis de 70 debuxantes e artistas da novena arte reinterpretan as grandes obras da historia da pintura universal así coma o traballo de todas as artistas e persoas e empresas implicadas no deseño, organización, montaxe e comisariado da mesma.

Un agradecemento que reiterou o director de Coñecemento e Cultura Dixital de Telefónica por que o traballo conxunto permitiu “presentar unha exposición distinta e renovada, moito máis grande que a orixinal, con moita obra nova como a de María Herreros que se expón por primeira vez, a que os galegos Cynthia Alfonso e Brais Rodríguez realizaron en exclusiva para esta mostra aportando o seu punto de vista. En Telefónica intentamos sempre ir un paso por diante, facendo cousas diferentes e frescas, reinterpretando temas como neste caso, compartir a arte a través dunha mirada orixinal, neste caso mérito de Asier e a súa proposta.”

Continuou as intervencións o comisario, Asier Mensuro, vasco afincado en Vigo quen puxo en valor o talento co que conta a cidade grazas a Facultade de Belas Artes da que saíu o artistas Brais Rodríguez ou o Garaxe Hermético do que procede Cynthia Alfonso que creou obra nova en concreto para esta exposición e que “nun momento ou outro ambos artistas que hoxe non puideron acompañarnos, acudirán a mostra e organizaremos algo en torno a esa visita.

Pontevedra está implicada na mostra porque artistas da cidade tiñan a talla para formar parte da mesma e debería sacar peito co cómic porque na ciade hai hai moito polo que apostar. 2/3 da mosta son obra nova, e das mellores sedes polas que pasamos porque dende o Concello entenderon perfectamente o proxecto e quixeron apostar”.

Mensuro agradeceu o traballo de todo o equipo pero especialmente o dos artistas “sen os que hoxe sería imposible estar aquí e, especialmente a María Herros porque é un luxo contar cos orixinais do seu cómic de Georgia O´Keeffe producido polo Thyssen e poder amosalo enteiro”.

Pola súa banda Herreros afirmou estar encanta de “poder exponer aquí estes debuxos feiros nun momento tan extraño. O traballo de debuxante é moi solitario. O cómic foi encargado en marzo 2020 e comencei en abril, polo que foi un traballo solitario e confinado que fai valorar aínda máis tenelo hoxe aquí. O cómic é unha arte por si mesmo pero tamén unha ponte coa arte contemporánea que chega a menos xente, é un xeito de chegar á xente de a pé”.

Pechou a rolda de intervencións Miguel Anxo Fernández Lóres que logo de agradecer o traballo a todos/as apuntou á loubanza que o comisario Asier Mensuro fixo da cidade: “non podo coincidir máis coas palabras de Asier sobre o potencial e o talento co que conta esta cidade e coas súas referencias a Pontevedra e o cómic pero sempre está ben que estas cousas as diga xente que non é de aquí para non parecer engreídos. Orgullo de cidade e a cidadanía que a conforma. Este é un proxecto colectivo de cidade de vangarda”.

O Alcalde apuntou que a colaboración con Fundación Telefónica comezou hai varios meses organizando unhas xornadas formativas e dese encontro xurdiu a proposta de compartir os seus fondos de arte. “Esta é a primeira pero agardamos que non sexa a última. Como ben dixo Asier Pontevedra está implicada na propia exposición, temos Belas Artes, a BD deseñada da man de Kiko Dasilva e de sempre lle demos unha impotancia e papel importante á ilustración dentro do Salón do Libro- que xa vai camino da 23 edición – con concurso de cartaces ou a homenaxe que cada ano se fai a autores e ilustradores. A presencia galega e de Pontevedra na mostra son unha demostración da potencia da ilustración en Galicia. Animo aos xornalistas e axentes culturais aquí presentes a difundir esta mostra para que canta máis xente posible se achegue á visitala porque coido que paga moito a pena”.

A continuación tivo lugar unha visita guidada da man do comisario Asier Mensuro e onde a propia artista, María Herreros, explicou detalladamente o proxecto de Georgia O´Keeffe a través dos orixinais que entre outros aspectos “representan unha muller infrarrepresentada no mundo cómic. Unha artista pioneira en atender á importancia da relación da imaxe do artista coa súa obra nos anos 30 e 40 e recuperar e mercar a súas obras mestras e donalas aos espazos onde quixo deixar o seu legado”.

A mostra permanecerá visitable ata o 11 de novemebro no horario habitual da Sala de martes a venres de 18 a 21h. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21h. Domingos de 12 a 14 horas. Está previsto realizar diferentes actividades e visitas guiadas en torno á exposición que serán difundicas próximamente.

Está pasando!