Infografía do skatepark da Parda | Concello de Pontevedra

O maior parque urbano de Pontevedra contará cun skatepark de 1.170 metros cadrados

9 Novembro 2026

  • A edil de Deportes, Anabel Gulías, salienta que a nova instalación responde a unha demanda histórica dos skaters e estará preparada para albergar competicións de pequeno formato.
  • O recinto contará con zonas diferenciadas para dúas modalidades distintas, deseñadas polo estudo de arquitectura Segura Ricoy.
  • Cunha inversión estimada duns 200.000 euros, a previsión municipal é que a infraestrutura estea operativa antes do verán.

A edil de Deportes do Concello de Pontevedra, Anabel Gulías, presentou este luns os detalles do proxecto do futuro skatepark da Parda, unha infraestrutura de 1.170 metros cadrados situada na zona sur do que será o maior parque urbano da cidade.

Na rolda de prensa, a concelleira estivo acompañada polos arquitectos redactores do proxecto, Javier Segura e Andrea Ricoy (do estudo de arquitectura Segura Ricoy, e polo xefe de servizo da Oficina Técnica de Arquitectura e Planificación (OTAP), Ángel Velando.

A edil enfatizou que este proxecto cumpre cunha demanda moi antiga do colectivo de skaters de Pontevedra e agradeceu explicitamente o traballo conxunto realizado cos propios practicantes deste deporte, cuxas achegas foron incorporadas ao deseño final. O estudo encargado da redacción conta xa cunha ampla traxectoria na creación deste tipo de espazos en concellos como Bueu, Vilagarcía de Arousa, Carballo ou Sanxenxo.

Presentación do skatepark da Parda | Concello de Pontevedra

O deseño abarca unha superficie ampliada de 1.170 m² con dous espazos principais adaptados aos diferentes niveis de aprendizaxe e á progresión das escolas locais:

Zona de street (calle) – 750 m²: Unha área que recrea os elementos nos que naceu o patín urbano, incorporando barandillas, bancos, escaleiras e volardos. A propia fonte e o banco perimetral do paseo do parque integraranse como elementos patinables no conxunto.

Zona de competicion (rampa) – 350 m²: Un espazo dotado de dous elementos clave: un bowl (a piscina tradicional de orixe californiana) e unha minirampa (half-pipe de formato reducido), pensados para facilitar a aprendizaxe e responder á escaseza destas estruturas na contorna.

Infografía do skatepark da Parda | Concello de Pontevedra

O proxecto rompe co concepto tradicional dos anos 90 baseado en recintos pechados con valados altos de tres metros. Pola contra, procúrase unha integración estética e topográfica total no parque urbano utilizando materiais resistentes e de calidade urbana como formigón, granito e metal.

Para protexer os paseos peonís sen erguer barreiras visuais agresivas, a superficie do skatepark contará cun pequeno «peldaño» con respecto ás vías de circulación. Así mesmo, as estruturas de menor entidade non superarán o metro de altura, mentres que os elementos de maior tamaño aproveitarán a topografía como muros de contención. O recinto tamén inclúe vexetación e árbores para ofrecer unha contorna agradable tanto para deportistas como para acompañantes.

A obra tramítase mediante unha modificación do orzamento do parque urbano da Parda, cun custo estimado arredor dos 200.000 euros. A previsión municipal é que a instalación estea rematada e en funcionamento antes do próximo verán.

Está pasando!