Proxección de “María Solinha” coa presenza de Ignacio Vilar e algún dos seus protagonistas

8 Setembro 2020

A nova película do ourensán Ignacio Vilar, “María Solinha”, xa ten data para a súa estrea en Cambados. “María Solinha” proxectarase finalmente ao aire libre o venres 11 de setembro ás 21:30 horas con todas as medidas de seguridade e de prevención do COVID-19.

Rodada en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e algunha toma en San Martiño de Moaña vai ser proxectada no Parque de Torrado ao aire libre (coa instalación dunha pantalla de 12 m e a colocación de 200 asentos).

Ademais, na exhibición, participara o propio director e algún dos seus protagonistas. O filme de María Solinha reconstrúe a historia da viúva canguesa María Soliña, quen foi acusada de bruxería e logo queimada pola Inquisición no 1621.

Entre o elenco destacan referentes do cinema galego como Santi Prego, Antonio Durán ou Mabel Rivera, ademais das actrices protagonistas Graal Montes e Laura Míguez, que foron alumnas do Centro de Artes Escénicas de Vigo.

Está pasando!