A experiencia inmersiva ‘Hábitats. Natureza estendida’ chega este xoves á cidade de Vigo

11 Novembro 2026

Do 12 de novembro de 2026 ao 13 de marzo de 2027, a Sede Afundación Vigo acolle a experiencia inmersiva ‘Hábitats. Natureza estendida’.

Este proxecto, coorganizado por Afundación e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, e desenvolvido polo estudio galego Maxina, é unha experiencia inmersiva de realidade mixta que percorre a diversidade dos ecosistemas do planeta.

A través de oito destinos nos cinco continentes (do deserto de Sonora á Gran Barreira de Coral australiana ou do mar de Weddell na Antártida á cova de Ceza no Courel), ‘Hábitats’ convida a observar de preto elefantes, osos, tartarugas, baleas, axolotes e moitas outras especies nas súas propias contornas.

As tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada permitiranche interactuar cos espazos, animais e plantas cun gran nivel de detalle.

A idade mínima para desfrutar desta experiencia é de 6 anos.

Cada sesión dura aproximadamente 30 minutos e ten unha capacidade de 10 persoas que poden experimentala simultaneamente.

O prezo das entradas é de 3,50 euros á venda a través de Ataquilla e na sede de Afundación en Vigo.

Está pasando!