A segunda edición do Galicia Fest celebrarase a comezos de verán en Vigo

30 Abril 2026

Galicia Fest adianta nesta segunda edición as datas e celebrase os días 26 e 27 de xuño no Peirao de Trasatlánticos de Vigo.

Encabeza o cartel La Reina del Flow, o grupo colombiano que xurdiu a partir da serie homónima de Netflix, todo un fenómeno de masas que conseguirá atraer aos seus milleiros de fans.

Completan a programación deste 2026 Maryland, Miriam Rodríguez, Pablo Lesuit, Sabela, Álvaro de Luna, Juan Magán, Taburete, Carla Lourdes, Fredi Leis e Marlena.

Galicia Fest xurdiu en 2025 coa vontade de marcar un antes e un despois no calendario musical de Galicia e do norte de España.

Naceu coa vocación de converterse nun festival de referencia en formato medio, grazas a unha ubicación privilexiada, un cartel de primeiro nivel e unha proposta aliñada coas tendencias dun público novo.

Está pasando!