Aberto o prazo para a solicitude dun posto no Mercadiño de Nadal no primeiro andar do Mercado de Abastos de Pontevedra

9 Decembro 2023

  • Poderán solicitalo entidades ou particulares que desexen ofrecer productos creativos ou postos de bebida e comida nas casetas da primeira planta do Mercado de Abastos
  • Este mercadiño estará aberto do 27 ao 31 de decembro

O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Promoción Económica, continúa adiante coa programación das festas de Nadal, logo do exitoso inicio do pasado martes. Nesta ocasión saca a publicación as bases para todas as persoas que queiran participar no programa Nadal no Mercado, onde aproveitando as casetas da primeira planta da Praza de Abastos crearase un Mercadiño de Nadal creativo no que se atoparán artigos singulares vencellados á economía creativa.

As persoas interesadas poderán solicitar, ademais, a concesión dun posto de comida e bebida, tamén no primeiro andar do Mercado de Abastos.

Ao respecto dos postos no Mercadiño, as bases recollen que está dirixido a persoas particulares ou entidades que ofrezan produtos singulares e creativos. O mercadiño está pensado tanto para público adulto como infantil, e estará aberto do 27 ao 31 de decembro.

As persoas interesadas poderán cubrir e consultas as bases nesta dirección web https://apuntate.pontevedra.gal/nadal-no-mercado/


Está pasando!