Aberto o prazo para inscribirse na primeira edición da Carreira Popular San Silvestre Fest de Soutomaior

5 Decembro 2023

O sábado 30 de decembro ás 17:00 horas celebrarase en Soutomaior a I San Silvestre Fest, unha carreira para toda a familia onde as e os menores de 14 anos deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta durante o seguinte percorrido: Talo Río – Rosalía de Castro – Xosé Solla – Rúa Calvario – Cruceiro Calvario – Rúa Lameiriñas – Rúa do Velero – Rúa Barroncas – Rúa Rosalía de Castro – Talo Río.

Distancia única que será de 2km aproximadamente e pendente 1.9km con 45m+ e 45m- polas rúas de Arcade, nun circuíto urbano por asfalto pechado ao tráfico.

Todas as persoas participantes deben reunir as condicións psicofísicas necesarias para poder solventar a carreira, gozar dunha boa saúde xeral e non padecer ningunha patoloxía que poida agravarse por dita participación na proba.

Recollida de dorsais no Pavillón da Montesiña a partir do 20 de decembro en horario de 16:30 a 21:30 horas.

Inscricións de balde desde 4 de decembro ás 18:00 horas ata 19 de decembro aquí.


Está pasando!