Dakidarría | Cedida

Dakidarría lanza “XX”, o novo disco en directo conmemorativo dos vinte anos de carreira da banda

6 Marzo 2024

Dakidarría presenta o lanzamento de “XX”, o novo traballo en directo onde inmortalizan o inesquecible concerto conmemorativo dos vinte anos de carreira que o grupo ofreceu no Festival Revenidas de Vilaxoán no verán de 2023.

Aquela máxica noite a banda contou coas colaboracións de máis de 50 artistas nun percorrido sonoro de máis de dúas horas a través dos vinte anos de vida dun grupo que, dende os inicios, posicionouse na defensa da cultura popular e contestataria. Entre as colaboradoras deste traballo podemos destacar a grandes figuras como Xurxo Souto, Tanxugueiras, Boikot, La Raíz, Mondra, ou High Paw.



Foi un concerto histórico para calquer seguidor de Dakidarría e quixeron deixar constancia tanto en formato vinilo (doble vinilo edición Deluxe) como en formato CD doble + Libro de fotografias, curiosidades e variedades. Ademais tódolos formatos inclúen tarxeta con código QR para acceso a contido extra e exclusivo:

  • Disco completo a máxima calidade.
  • Videos de concertos da xira 2023 (Concerto completo Revenidas, concerto completo Castañazo Rock, Videos resumo da xira, etc)
  • Videoclip “A vida pirata”
  • Futuro acceso a visualización en primicia do documental “Seguimos en pé”


Trátase dunha edición limitada, deseñada ao detalle, que debe completar a discografía de calquer amante da música galega. Gabri (cantante e fundador da banda) define o disco como “Unha pequena mostra do que aconteceu a noite do 9 de setembro na celebración, xa non só do noso 20 aniversario, senón da situación actual da escena musical galega. Un disco para a esperanza, un disco que amosa o crecemento dun grupo dende que nace ata que consigue que a súa música sexa banda sonora da vida de xa varias xeracións. Un agasallo para toda amante da efervescencia musical galega dos últimos anos”.

A fin de semana pasada comenzaron unha extensa xira de presentación que levará á banda do Val Miñor a multitude de lugares e da que xa anunciaron as primeiras datas e están a piques de presentar un documental inmersivo onde amosarán a vida cotiá do grupo durante a xira do ano 2023.


DAKIDARRÍA feat. BOIKOT – “A Vida Pirata” (videoclip en directo)
Está pasando!